venres, 27 de outubro de 2017

Xa chega o SAMAÍN!!!

Ola!!!

Que tal estades?. Supoño que xa sabedes que está chegando o tempo dos defuntos. 
O momento do medo...


E como non, na nosa biblioteca ímolo festexar. Lendo contos de terror e falando destas datas tan especiais.

En Galicia celebramos o Samaín pero noutros lugares do mundo fan o Halloween, o día dos mortos... Toda esta festa segundo din, ven para conmemorar o remate da recollida das colleitas (castañas, uvas, noces, cabazas...) e dar comezo a época na que as noites son máis longas e temos menos horas de luz. 

Na nosa terra nestas datas a xente visita cemiterios e pon flores, candeas... os defuntos que queren recordar. Ademáis de tallar cabazas e poñelas nos camiños para asustar.

(pica en Pingüi xa verás onde te leva...)

O dito, coleguillas espérovos o martes pola tarde na biblioteca. Vinde preparad@s!!!

Unha cousa máis, se tedes oportunidade e ides o cine aquí tedes unha película que fala sobre o día de defuntos, pero en Mexico, creo que vos pode gustar... Non olvidedes mirar a data de estreo.




luns, 23 de outubro de 2017

Vinde a biblioteca

Que tal andades?

Eu moi ben coas miñas patitas!!! 

Este martes, día das bibliotecas tendes que vir a Vilarromarís. Temos unha gran sorpresa.

Unha voluntaria da nosa escola vai a vir a amosarnos o mundo das abellas. Como ben sabedes, este ano estamos realizando este proxecto escolar.

Para saber máis tedes que acudir amigüiñas/os.

Aquí vos queda o vídeo promocional da experiencia:


Día das bibliotecas

Ola Pingüicoleguillas!!!

Que tal estades?

Eu superfeliz!!! Chegou o día das bibliotecas que se celebra o 24 de outubro.

Comezouse no ano 1997, xa vedes fai 20 anos. A Asociación Española de Amigos e Amigas do Libro Infantil e Xuvenil xunto co Ministerio de Educación, Cultura e Deporte suxeriron esta data. 

Todo parteu por un incendio na Biblioteca de Saraxevo no ano 1992 por culpad un conflicto. Nese momento decatáronse do importantes que son, como axudan as persoas a aprender e a ser todo o mundo igual.

Cada ano unha/un escritora/or ou ilustradora/or fai un pregón e diseña un cartel para coñecer nas Bibliotecas.


Este ano o cartel foi feito por Manuel Marsol e o pregón por Alejandro Palomas.(Premede sobre o cartel para ver o pregón, tamén poderes consultar datos sobre o ilustrador e o escritor nos seus nomes).


luns, 16 de outubro de 2017

BUAAAA!!!

Ola colegas!

Sinto informarmos que esta tarde de martes non imos ter a sesión de animación a lectura. Pero non vos preocupes!!! que as mestras e mestres seguro que vos asesoran nas escola de que libros, revistas...   Son interesantes e que podedes levar en prestamo.

Para que me recordedes aquí queda un conto que podedes na escola e na casa. Espero que o desfrutedes.


Este conto é :


Foi escrito e ilustrado por:  Édouard Manceau. Este autor francés ademais de publicar libros para nenas e nenos tamén crea xogos. Premede sobre a portada ou o nome do autor para ter máis información.

Moitos pingüibikos!!!

mércores, 11 de outubro de 2017

Lili

Aquí tedes un aperitivo do conto de Lili. Queda a vosa enteira disposición na biblioteca. Levadeo en préstamo, xa veredes que chulo é!


martes, 10 de outubro de 2017

Lili e a súa historia.

Ola bonitiñ@s!

Polo meu ollo máxico, xa vin que cada día somos máis na biblioteca. Este martes como ven vístedes atopamos a ladroa.

Chamábase Lili e encantáballe a literatura, como a nós. 

O conto do que desfrutamos foi: 



Foi escrito e ilustrado por Emily - MacKenzie. Esta escritora inglesa dende nena medrou preto da natureza e nela deixaba voar a sua imaxinación. (premede sobre a portada e o nome da escritora para ter máis información).

O rematar a lectura desfrutamos conversando sobre o acontecido e fixemos o noso propio títere, para recrear o conto na casa.


Animádevos a vir! Que o pasamos xenial!




Novo día de animación na biblioteca

Ola guapet@ns!

Hoxe volvemos a ter actividades na biblioteca da sede. 

Cando cheguei pola mañán o luns, quedei coa boca aberta!!! 


       
   


Non entendía nada. 


Na biblioteca faltaban case todos os nosos libros. Pero como ben sabedes, as pingüinas e pingüíns non se nos escapa nada.


Polo cal púxenme a investigar e creo que din coa ladroa que os fixo desaparecer. 
Prometeu non volvelo facer e devolver todo o noso tesouro. 


UFFF! MENUDO SUSTO!!! QUE ALIVIO!!!!

Se queredes coñecer esta nova amiga vinde hoxe pola tarde a biblioteca.
Alí estarei! 


AAAAHHHHH! CASE ME ESQUEZO!!!! Miñas e meus expert@s nas letras aquí vos deixo un vídeo para desfrutar.




Tamén podedes ver unha mostra do libro en: 







xoves, 5 de outubro de 2017

Visitade!

Ola nen@s do CRA! 

Unha cousiña. Cando esteades aburrid@s e sen saber que facer, visitade o enlace que puxen no lateral: Pingüicontos recomendados. Ji, ji, ji algo atoparedes que vos gustará!.

👍

mércores, 4 de outubro de 2017

Hola pingüicolegas!

Xa comenzamos as nosas tardes animadas!

Fago un resumo para as/os que non poidestes acudir a nosa cita.

O conto que lemos foi "León de biblioteca" de Michelle Knudsen e ilustrado por Kevin Hawkes. O rematar a súa lectura fixemos unha votación e case todo o mundo quedou encantad@.  (Podedes pulsar sobre os enlaces do nome do conto e d@s autor@s para obter máis información).



Despois falamos sobre os dereitos e deberes que temos na nosa biblioteca. E ademais fixemos un marcapáxinas con unha das miñas fotos.


Podedes consultar o tríptico e descargar o marcapáxinas na páxina web do centro. (Sección A nosa biblioteca/como funcionamos)

martes, 3 de outubro de 2017

Comezamos en Vilarromarís!

Ola pingüiamig@s:

Hoxe, 3 de outubro, temos unha quedada en Vilarromarís na sede do CRA. Como sabedes imos inaugurar a biblioteca.

Falaremos, disfrutaremos e volveremos a divertirnos tódolos martes pola tarde, con sesións de animación a lectura.

Para ir entrando en materia, aquí vos deixo un vídeo sobre a nosa Pingüibiblio: 

A DESFRUTAAARRR!!! Clica na imaxe