luns, 23 de outubro de 2017

Día das bibliotecas

Ola Pingüicoleguillas!!!

Que tal estades?

Eu superfeliz!!! Chegou o día das bibliotecas que se celebra o 24 de outubro.

Comezouse no ano 1997, xa vedes fai 20 anos. A Asociación Española de Amigos e Amigas do Libro Infantil e Xuvenil xunto co Ministerio de Educación, Cultura e Deporte suxeriron esta data. 

Todo parteu por un incendio na Biblioteca de Saraxevo no ano 1992 por culpad un conflicto. Nese momento decatáronse do importantes que son, como axudan as persoas a aprender e a ser todo o mundo igual.

Cada ano unha/un escritora/or ou ilustradora/or fai un pregón e diseña un cartel para coñecer nas Bibliotecas.


Este ano o cartel foi feito por Manuel Marsol e o pregón por Alejandro Palomas.(Premede sobre o cartel para ver o pregón, tamén poderes consultar datos sobre o ilustrador e o escritor nos seus nomes).


Ningún comentario:

Publicar un comentario