Amosando publicacións coa etiqueta CARMEN DOMECH. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CARMEN DOMECH. Amosar todas as publicacións

xoves, 16 de outubro de 2025

O Grufalo

Un día de teatro e fantasía. Galicreques 2025.

Hoxe 16 de outubro, os nenos e nenas do CRA de Oroso vivimos unha mañá máxica coa obra “O Grúfalo”, baseada no conto de Julia Donaldson e ilustrado por Axel Scheffler

A través da voz e a arte de Carmen Domech, gozamos dunha posta en escena chea de humor, ritmo e emocións. Ademais do Grúfalo, deixámonos levar por dúas historias máis, co teatro amishibai  e con un conto dunha carapuchiña moi feroz, que nos fixeron rir, sorprendernos e soñar. 

Foi unha experiencia teatral marabillosa, chea de aprendizaxes e maxia.


Grazas, Carmen, por facernos vivir o mundo titiriteiro tan preto e con tanta ilusión!




martes, 14 de outubro de 2025

O grúfalo. Galicreques 2025.

 O CRA de Oroso vai aos títeres! 


16 de outubro


O noso alumnado vai desfrutar dunha experiencia máxica: O Grúfalo, un espectáculo de monicreques a cargo de Carmen Domech, dentro do festival internacional Galicreques de Santiago de Compostela. 

No fondo do bosque, un ratiño pequeno pero moi enxeñoso enfróntase a un raposo, un moucho e unha serpe … todos con fame de ratiño!


Coa súa astucia, crea un monstro imaxinario para sobrevivir…


Ata que o Grúfalo aparece de verdade, con ganas de facer unha merendiña!

Humor, intelixencia, valentía e moita fantasía danse cita neste espectáculo baseado no clásico de Julia Donaldson e nas ilustracións de Axel Scheffler.

Unha historia que nos ensina que, mesmo sendo pequenos, podemos ser grandes cando confiamos en nós mesmos.

Estamos emocionados por formar parte desta aventura teatral que esperta emocións, risas e ilusión!