Un día de teatro e fantasía. Galicreques 2025.
Hoxe 16 de outubro, os nenos e nenas do CRA de Oroso vivimos unha mañá máxica coa obra “O Grúfalo”, baseada no conto de Julia Donaldson e ilustrado por Axel Scheffler.
A través da voz e a arte de Carmen Domech, gozamos dunha posta en escena chea de humor, ritmo e emocións. Ademais do Grúfalo, deixámonos levar por dúas historias máis, co teatro amishibai e con un conto dunha carapuchiña moi feroz, que nos fixeron rir, sorprendernos e soñar.
Foi unha experiencia teatral marabillosa, chea de aprendizaxes e maxia.
Grazas, Carmen, por facernos vivir o mundo titiriteiro tan preto e con tanta ilusión!
Ningún comentario:
Publicar un comentario