Cantas castañas hai aquí?
martes, 30 de setembro de 2025
Matemáticas outonais
luns, 29 de setembro de 2025
Contos outonais
Nas escolas do CRA vivimos un momento especial… As mestras prepararon unha invitacion a lectura facendo con moito agarimo.
As orientacións eran sinxelas: ler en familia, gozar cos sons e as cores desta estación e deixar que a imaxinación voase coma as follas co vento.
domingo, 28 de setembro de 2025
Como cambia o conto...
E se fose o rato quen nos dera unha galleta a nós?
Partindo do conto “Se lle dás unha galleta a un rato”, o noso alumnado puxo a voar a imaxinación:
Que aventuras e retos viviríamos?
Con esforzo, traballo en equipo e moita creatividade, convertimos esta pregunta nunha experiencia chea de descubrimentos. Entre risas, novas ideas e propostas orixinais, construímos unha actividade súper interesante e divertida que fixo medrar a nosa curiosidade.
Porque cando se xunta a lectura coa imaxinación e o ánimo por explorar, as posibilidades son infinitas.
xoves, 25 de setembro de 2025
Outono no CRA
O outono chegou ás nosas aulas cheo de cor, maxia e aprendizaxes!
As follas secas convértense en inspiración para a nosa creatividade. As castañas, as piñas e o millo axúdannos a contar e a sumar, e cada recuncho da clase énchese de natureza e diversión.A través das matemáticas e das artes plásticas, descubrimos que o outono é moito máis ca unha estación: é un libro aberto cheo de sorpresas que nos invita a observar, tocar e experimentar.
Queredes vir con nós a gozar deste tempo tan especial? O outono está chamando á vosa porta… abrídella con ilusión!
Generación docentes
O CRA de Oroso e outros dous colexios rurais da área de Santiago participan en «Generación docentes» da Fundación Princesa de Girona:
martes, 23 de setembro de 2025
Recomendacións outonais
Ola pingüicolegas!
Xa sabedes que chegou o outono. Vai máis frío e tamén é tempo de ler a carón do lume. Aquí tedes uns relatos para asombrarvos.
sábado, 20 de setembro de 2025
Mariola Solidaria
Un pequeno xesto, unha gran axuda
xoves, 18 de setembro de 2025
Se lle das unha galleta a un rato
Se lle das unha galleta a un rato... todo pode comezar cunha divertida cadea de aventuras!
No vídeo de hoxe descubrimos como un simple agasallo pode levar o rato a: querer ler un conto, facer undebuxo, axudar nas tarefas da casa, pedir un vaso de leite… e moito máis!Un libro cheo de imaxinación que nos amosa como cada acción ten unha nova consecuencia e como a vida pode chegar a ser cíclica. Moitas veces un comezo volve a ser un remate. Unha lectura ideal para rir, sorprenderse e gozar en familia Con unha idea moi saborosa.
E ti… que cres que pediría o rato despois?
luns, 15 de setembro de 2025
domingo, 14 de setembro de 2025
Adiviña canto te quero
Descubrimos e nalgun caso redescubrimos un clásico que fai tremer o corazón: Adiviña canto te quero, de Sam McBratney e Anita Jeram.
A labor literaria de Sam McBratney e a maxia visual de Anita Jeram deixan unha pegada fonda no mundo da creatividade e das emocións infantís, axudándonos a poñer palabras e imaxes a aquilo que máis sentimos: o AMOR sen límites.
Entre palabras e ilustracións nenas e nenos aprenderon que o amor non ten medida… é tan grande como o ceo, tan fondo como o mar, tan infinito como as estrelas .
Un conto que nos lembra que a literatura e a arte son pontes cara ás emocións máis puras da infancia .
sábado, 13 de setembro de 2025
Comezando...
O noso curso arrinca creando espazos propios cheos de maxia!
Creamos roldas de nomes, cada neno e nena decorou e deseñou dun xeito participativo e divertido a súa chegada a escola.
Construimos casiñas acolledoras para gardar esas pezas tan especiais.
Puxemos cor e ilusión nun recuncho moi especial: onde descubriremos o tempo que fai , veremos quen vén á aula, organizaremos e repartiremos os nosos pequenas grandes experiencias.
Un espazo vivo que medra coas nosas aprendizaxes e coas nosas ganas de compartir cada día!
Un xeito diferente de aprender...
Primeiros días, primeiras emocións!
Comezamos o curso en Vilacide cunha actividade chea de cores, ilusión e creatividade: o alumnado deu vida aos seus nomes construíndo pulseiras cuns abalorios especiais.
Un xeito divertido de poñer en marcha o curso, crear lazos e levar no pulso as ganas de aprender, compartir e descubrir todo o que nos agarda este ano escolar.
Porque cada nome é único, e cada aprendizaxe tamén!
martes, 9 de setembro de 2025
Novos retos, novos proxectos
Comeza o curso cheo de sorpresas e novos proxectos. Queremos que sexa un ano maravilloso para as persoas que comezan como para os que cambian de escola. Con novos mellores desexos.
luns, 8 de setembro de 2025
8 de setembro – Día Internacional da Alfabetización no CRA de Oroso
8 de setembro – Día Internacional da Alfabetización no CRA de Oroso
No noso centro queremos comezar o curso lembrando unha data moi especial: o Día Internacional da Alfabetización, que se celebra en todo o mundo dende 1967. A alfabetización é un dereito humano fundamental, a chave que abre as portas do coñecemento, das liberdades e dunha sociedade máis xusta, pacífica e sostible.
Este ano celébrase baixo o lema “Promover a alfabetización na era dixital”. A tecnoloxía pode ofrecernos novas oportunidades para aprender e comunicarnos, pero tamén supón retos que esixen pensamento crítico, seguridade, respecto e inclusión.
No CRA de Oroso, arrincamos o curso con ilusión e coa certeza de que ler, escribir e comprender –no papel e no mundo dixital– son ferramentas imprescindibles para convivir, crear e coidar do planeta.
Hoxe celebramos que aprender é camiñar xunto e xuntas cara a un futuro mellor.
domingo, 7 de setembro de 2025
venres, 5 de setembro de 2025
luns, 1 de setembro de 2025
Ola pingüicolegas!
Comezamos unha nova viaxe de aprendizaxe no CRA de Oroso!
Este curso traemos a mochila chea soños, aventuras compartidas e milleiros de experiencias para vivir en comunidade. Porque aprender é medrar
Que este 2025/26 sexa un camiño cheo de creatividade, amizade e novos descubrimentos!








