Amosando publicacións coa etiqueta ROCIO BONILLA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ROCIO BONILLA. Amosar todas as publicacións

martes, 10 de marzo de 2026

Un éxito cheo de preguntas na Pingüibiblio do CRA de Oroso!



Vivimos unha sesión moi especial na nosa biblioteca escolar. Co gallo do Día Internacional de Facer Preguntas, a Pingüibiblio encheuse de curiosidade, risas e moitas ganas de descubrir o mundo a través das preguntas.

E temos que dicilo: foi todo un éxito! 

Todo comezou cun pequeno misterio… as preguntas escaparan dos libros! 
O noso alumnado tivo que axudarnos a atopalas e, pouco a pouco, fomos descubrindo que preguntar é unha das mellores maneiras de aprender.

Durante a sesión compartimos dúas historias marabillosas:

 A que sabe a lúa? de Michael Grejniec,  que nos fixo pensar sobre a cooperación, a curiosidade e o valor de intentar alcanzar os nosos soños xuntos e xuntas.


De que cor é un bico? de Rocio Bonilla, un conto cheo de emocións, cores e imaxinación.

A partir destes libros xurdiron conversacións, ideas e moitas preguntas que conectan co mundo da lectura e da escritura, pero tamén co pensamento lóxico e matemático: observar, comparar, imaxinar respostas, facer hipóteses e compartir opinións.

Na nosa escola cremos firmemente que a biblioteca é moito máis ca un lugar para ler:
é un espazo onde nacen preguntas, medran ideas e constrúense aprendizaxes para toda a vida

Queremos compartir coas nosas familias —e tamén coas futuras familias que buscan unha escola viva, curiosa e innovadora— que actividades como esta forman parte do noso día a día: propostas que espertan a curiosidade, fomentan o pensamento e fan do aprender unha verdadeira aventura.

Porque na Pingüibiblio do CRA de Oroso sabemos algo moi importante: cada pregunta abre unha porta ao coñecemento.






domingo, 8 de marzo de 2026

ALERTA NA PINGÜIBIBLIO!

Algo moi misterioso pasou na biblioteca do CRA de Oroso

ESCAPARON AS PREGUNTAS DOS LIBROS!

Agora están agochadas por toda a biblioteca e o noso alumnado terá que axudarnos a atopalas…

Para que serven os libros?
A que sabe a lúa?

De que cor é un bico?
Os peixes teñen sede?
Quen apaga as estrelas pola mañá?

Este martes 10 celebraremos o Día Internacional de Hacer Preguntas xogando, lendo e imaxinando na nosa Pingüibiblio.

Historias que nacen dunha pregunta, como A que sabe a lúa?  ou De qué cor é un bico?  axudarannos a descubrir algo moi importante:

Preguntar é a mellor forma de aprender.

Porque cada pregunta…
abre unha porta
acende unha idea
e pode cambiar o mundo.


Podedes aprobeitar para xogar un pouco antes de que escapen tamén das escolas!









mércores, 26 de novembro de 2025

Talentos especiais a moreas

 


Vaia, vaia... quen o ía dicir... CANTA XENTE CON TALENTOS ÚNICOS!

Xa vimos que na Pingüibiblio saen mil e un talentos diferentes e diversos. Por que sabemos que cada persoa é diferente e grazas a iso o mundo é moi variado, rico e marabilloso.

Os contos que vimos foron os seguintes:





Este conto foi escrito por Anya Damirón . Ela mesma di que aprendeu a escribir contos lendo moito. Se clicas no seu nome podes acceder a súa páxina web. O ilustrador do libro é Pablo Pino o cal fixo obras como...



O outro libro que limos foi: 




Como adiviñástedes os superpoderes!!! Sodes supermarabilloses!!! Este conto foi escrito por  Susanna Isern Iñigo é nai de tres rapaces e leva publicados moitos libros para a infancia. A ilustradora é Rocio Bonilla se queres coñecer a súa obra so tes que clicar no seu nome.










luns, 24 de novembro de 2025

O día do talento especial.

 Ola Pingüiamiguetes!!!

Un martes máis temos quedada na biblioteca e conmemoramos o día dos talentos especiais. Seguro que moitas e moitos de vós tedes algún talento oculto, misterioso, maravilloso... que podedes mostrar ao mundo. 

Hai moita xente que pensa que non o ten ningún pero iso non é certo. Só hai que reflexionar, investigar e prepararse para a súa aparición.

Na biblioteca imos ler dous contos moi especiais:


Agora imos coñecer a outros Superminihéroes. Os seus defectos fan que sexan heroes. Queres comecemos? Clica no enlace:





venres, 10 de novembro de 2017

Polo San Martiño trompos o camiño...

Que tal?

Este martes pasado pasamolo xenial!

Lembrades que tiñamos un conto fantástico para ler? Chamábase:  Os fantasmas non petan a porta.

Encantounos e aprendimos que hai que coidar os libros, porque este caera nas mans dunha persoa bastante descoidada e escribira con rotulador vermello dentro del. Que peniña!.

Este relato foi escrito por Eulália Canal, unha autora catalana que ademais de libros tamén escribe cancións. Aquí tedes un anaquiño de El joc de la vergonya publicado no libro-cd: Emocions i sentiments.



A ilustradora é Rocio Bonilla, unha barcelonesa que axudou a crear moitos libros que de seguro coñecedes:

 

Pero tamén fixemos unhas buxainas moi especiais, mirade que maravilla!