Amosando publicacións coa etiqueta INÉS VILPI. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta INÉS VILPI. Amosar todas as publicacións

mércores, 18 de outubro de 2023

Xaime e as landras

 Ola pingüi-linquis!

Este martes na biblioteca o conto escogido como relato de outono foi: Xaime e as landras.

Este relato foi escrito por Tim Bowley e ilustrado por Inés Vilpi.

Tim Bowley escribiu libros tan chulos como os seguintes:


Inés Vilpi é mestra de educación infantil pero tamén ilustradora se queres coñecer máis do seu traballo so pulsa na ilustración.



Para as persoas que non puidéstedes asistir ahí vai un vídeo feito pola rede de bibliotecas do Grove para que coñezades o conto:







mércores, 14 de marzo de 2018

Vaia landras que traía o conto...

Ola patuquiñ@s!

Que tal este martes? Molou moito non?

Para @s que non poidéstedes asistir sabede que nós deleitamos co conto: Xaime e as landras.

Este maravilloso libro foi escrito por Tim Bowley. Un famoso contacontos que viaxou por todo o mundo narrando historias, pero que ademais colaborou na creación de novos contos. Segundo a xente que o coñeceu foi unha persoa sensacional. O ano pasado sobre estas datas foi o seu pasamento queda aquí o noso recordo coa lectura dun dos seus contos. Podedes ter outros como:

   

A súa ilustradora é Inés Vilpi unha gran artista autodidacta. 

Aquí queda unha entrevista para que a vexas na compaña da túa familia: