mércores, 23 de abril de 2025

23 de Abril. Día do libro no CRA de Oroso

Día do Libro 2025 no CRA de Oroso

"Ler é comprender. O acto de ler é entendemento. Ler e comprender é vivir." — Álvaro Pombo

Hoxe celebramos moito máis ca un día calquera. Celebramos o poder dos libros para abrir portas, sementar comprensión e facer medrar vidas máis ricas e libres.

O cartel oficial, creado por Pep Montserrat, Premio Nacional de Ilustración 2024, inspírase nesa idea: o libro como porta aberta a mil mundos. Como no noso CRA, onde cada páxina lida é un camiño de ida e volta entre imaxinación e realidade.

Dende o corazón das nosas escolas rurais, convidamos a toda a comunidade —nenas, nenos, familias, mestres e amizades— a facer do libro un compañeiro/compañeira de vida. Que nos axude a sentir, pensar, rir e descubrir. Porque un libro no peto é ledicia no peito.

Durante esta semana, viviremos o espírito da #SemanaCantareira cunha presentación moi especial:
“Cantigas de lectura para un día con doce altura”, onde xogaremos coas palabras, cantaremos consellos lectores e celebraremos que ler... é tamén vivir!

Non esquezades o 23 de abril é o Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor, unha data chea de historia e simbolismo, elixida pola UNESCO para lembrar a importancia da lectura, dos autores e da creación literaria.

Así que... hoxe e sempre:


Lede, sentide, compartide. A lectura é unha festa e todos e todas estamos convidados e convidadas!




Martes emocionante con PINK!



Que ledicia coñecer a PINK! 

Este conto tan especial foi escrito por Lynne Rickards. Esta autora nace en Canada e agora vive en Escocia coa súa familia. Escribe un sinfín de contos e libros maravillosos que che invito a coñecer: 




Este conto foi ilustrado por Margaret Chamberlain. Se queres ver algo da súa obra so tes que visitar o seu Instagram: https://www.instagram.com/margaret_chamberlain/ ; ou Facebook: https://www.facebook.com/MargaretChamberlainIllustration/









luns, 21 de abril de 2025

Voltamos coa Pingüibiblio!

Ola pingüilectores e pingüilectoras!

Seguro que xa sabedes que chega as nosas portas a semana do libro! Como o poderíades esquecer?

Esta semana escolar imos celebralo por todo o alto para o cal na volta a pingüibiblio coñecermos dous contos moi especiais:


Seguro que algún xa coñecedes e senón é así so tedes que acudir. 


Clica na imaxe

Pero recordades porque se celebras neste día? Pois escolleron esta data porque foi cando morreron escritores tan impostantes como Miguel de Cervantes ou William Shakespeare. 

Miguel de Cervantes escribeu un libro moi importante e mundialmente coñecico titulado: Don Quixote da Mancha. Queredes ver a súa historia?







mércores, 9 de abril de 2025

Gran tarde!

Este martes a sorte estivo da nosa parte e GatoCan de Coirós mostrounos outra realidade que temos diante das narices e que non vemos. A necesidade de coidar e tratar con respecto os animais. Que non son un xoguete e que forman parte da nosa vida cotiá. 

Podedes visitar a súa páxina web: https://www.gatocan.com/ ; e saber máis sobre a súa iniciativa de vida.





Grazas as familias pola súa colaboración e por apoiarnos nesta iniciativa.


martes, 8 de abril de 2025

Tarde de Formación con Lidia Gómez Boga

A diversidade como motor educativo
. Esta semana, o profesorado do CRA de Oroso tivemos o privilexio de participar nunha sesión formativa, a cargo da especialista Lidia Gómez Boga, dentro do noso plan de formación no centro:
 “A diversidade aplicada á aula a través dos Polos Creativos”.


Durante a sesión, mergullámonos nas bases do modelo DUA (Deseño Universal para a Aprendizaxe), descubrindo como as intelixencias múltiples poden transformar a forma de ensinar e aprender. 

Reflexionamos sobre a realidade das nosas aulas: atención á diversidade, dificultades específicas, alumnado con dificultades, integración… e sobre todo, como crear espazos inclusivos e creativos onde cada neno e nena poida brilar 


Grazas tamén ao noso representante do CAFI, Sergio, polo seu apoio constante e acompañamento neste proceso formativo tan enriquecedor.


Foi unha tarde chea de aprendizaxes reais, útiles e inspiradoras, que xa estamos desexando aplicar nas nosas aulas!





Texas Easter