martes, 31 de marzo de 2026

Parabéns, campións e campioas do CRA de Oroso!

Hoxe o noso corazón latexa máis forte ca nunca  porque o noso alumnado vén de acadar un certificado académico que recoñece o seu compromiso coa actividade física e cos hábitos de vida saudables. Un logro que vai moito máis alá dun premio… é unha semente de futuro! 

Moverse, xogar, saltar, correr, compartir… non son só accións do día a día, son piares fundamentais no desenvolvemento integral dos nosos nenos e nenas. A actividade física contribúe a:
Fortalecer o corpo
Mellorar a concentración e a aprendizaxe
Favorecer o benestar emocional
Desenvolver valores como o respecto, o esforzo e o traballo en equipo

Pero este camiño non o percorremos sós… 

As familias sodes parte esencial deste logro. O voso apoio, exemplo e implicación diaria son claves para consolidar estes hábitos que acompañarán aos vosos fillos e fillas toda a vida. Xuntos e xuntas, escola e fogar, construímos unha comunidade máis activa, saudable e feliz. 

Nesta semana santa non esquezades poñelo en práctica.

Sigamos avanzando da man, sumando pasos, sorrisos e ilusións 




ERGUERSE: unha experiencia que nos fixo medrar xuntos/as

Vivimos algo moi especial no Centro Sociocultural de Casas Novoa (Sigüeiro, Oroso). O alumnado do CRA de Oroso, acompañado das súas familias, participou nunha sesión emocionante, chea de aprendizaxe, arte e sentimentos compartidos.

Da man da proposta do Concello de Oroso, tivemos a oportunidade de mergullarnos en “Erguerse”, unha experiencia que vai moito máis alá da danza… Unha viaxe polas emocións, pola empatía e pola importancia de coidarnos uns aos outros e outras.

Medo, silencio, forza, superación…
Corpo, expresión, reflexión…
Comunidade, unión e compromiso

Foi unha actividade todo un éxito, na que pequenos/as e maiores sentiron, participaron e reflexionaron xuntos/as sobre unha realidade que nos implica a todos e todas: o respecto e a convivencia.

Grazas ao Concello de Oroso por facelo posible e a todas as familias por formar parte desta experiencia tan enriquecedora.

Porque educar tamén é isto: sentir, compartir e erguerse xuntos/as.





luns, 30 de marzo de 2026

A primavera xa chegou ao CRA de Oroso… e con ela, a vida!

No noso cole, as mans pequenas están facendo cousas moi grandes. O alumnado xa comezou a plantar, coidar e dar vida á nosa contorna, enchendo de cor, ilusión e compromiso cada recuncho.

Esta actividade enmárcase no noso proxecto de Voz Natura, que nos impulsa a escoitar o planeta e actuar por el. Porque sabemos que cada xesto conta, cada semente importa e cada neno e nena é parte do cambio.

Plantar non é só botar unha semente na terra…
É aprender a ter paciencia, a respectar os tempos da natureza, a coidar o que nos rodea e a entender que somos responsables do futuro que estamos a construír.

No CRA de Oroso: Aprendemos facendo. Medramos coidando. E soñamos cun planeta máis verde e xusto

Porque hoxe máis ca nunca…

Dámoslle voz ao planeta coas nosas mans na terra.



DÁLLE VOZ AO PLANETA!

Da man de Anxo Moure, no CRA de Oroso vivimos unha experiencia que nos fixo vibrar, pensar… e actuar.

Hoxe traémosvos un vídeo moi especial.
Unha mensaxe clara e directa sobre o reciclaxe, o coidado da natureza e o respecto polo que é de todas e todos.

Porque cada xesto conta: reciclar, coidar e respectar

Non hai planeta B… pero si hai millóns de persoas que poden marcar a diferenza.

Este vídeo non é só para ver… é para sentir, compartir e transformar!

Atréveste a formar parte do cambio?




xoves, 26 de marzo de 2026

Celebrating Easter the Anglo-Saxon Way at CRA de Oroso

Easter is one of the most important and joyful celebrations in many English-speaking countries such as United Kingdomand Ireland. It marks the arrival of spring and is full of traditions that bring families and communities together.

In these countries, children take part in exciting activities like Easter egg hunts, where they search for hidden chocolate eggs in gardens and parks. The Easter Bunny is a beloved symbol, bringing sweets and surprises to children. Families also decorate eggs, share special meals, and enjoy festive parades and games.

At CRA de Oroso, we wanted to bring this wonderful tradition closer to our students. Our pupils explored the meaning and customs of Easter in English-speaking cultures, connecting language learning with real-life celebrations.

As part of the activity, the children created beautiful and creative Easter-themed bookmarks. These bookmarks will be used to enjoy reading books related to this special time of the year, encouraging both imagination and a love for reading.

It has been a fun, meaningful, and creative experience that combines culture, language, and literacy. Through activities like this, our students not only learn English, but also discover the richness of traditions around the world.

Happy Easter to everyone!




martes, 24 de marzo de 2026

Un agasallo para toda a vida no CRA de Oroso

A visita de Anxo Moure foi moito máis ca unha actividade… foi unha experiencia que deixou pegada nos nosos corazóns.

Baixo a protección das nosas árbores, compartimos contos cheos de vida, aprendizaxes sobre as árbores autóctonas, curiosidades sorprendentes e, sobre todo, unha mensaxe clara e poderosa:
 coidar a natureza é coidarnos a nós mesmos e mesmas.

Falamos de como protexer as nosas árbores, de como querelas, de como escoitalas… porque elas tamén teñen moito que dicir.

Pero o momento máis especial chegou cun agasallo inesquecible.
Unha árbore para coidar, mimar e ver medrar ao longo dos anos.
Un símbolo vivo do noso compromiso, da nosa responsabilidade e do noso amor pola terra.

No CRA de Oroso seguimos sementando futuro: educando en valores, espectando o noso contorno e defendendo o que é de todas e todos.

Porque cada árbore conta… e cada pequeno xesto tamén.




luns, 23 de marzo de 2026

NON VOLA PERDADES! TODO O CRA DE OROSO "ÉRGUESE" ESTE MARTES!

 Despois do éxito rotundo da xornada do pasado venres con Gustavo Couto, onde a música e o baile nos fixeron vibrar, chega o momento de compartir esa maxia en familia! 

Esta actividade, que está a percorrer todos os centros escolares grazas ao impulso e promoción do Concello de Oroso, é moito máis ca un baile: é unha aventura para aprender a querernos e respectarnos máis.

Por que tes que vir este martes 24?

Serás o - a protagonista: Poderás participar na escena final do espectáculo e bailar co elenco de Et Suseia.
Sentirás a forza do grupo: Aprenderemos como o baile tradicional e o moderno se unen para darnos superpoderes contra o bullying.

Diversión en familia: En lugar de biblioteca, teremos unha hora chea de ritmo, palmas e moita emoción.

Unha experiencia premiada: Imos gozar dunha compañía valorada como a mellor polo público en Compostela Cultura.

LUMES! Agardámosvos a todas e todos:

Lugar: Centro Socio Cultural Fernando Casas Novoa (Sigüeiro).

Día: Mañá, martes 24 de marzo.

Hora: De 16:30 a 17:30 h.

Vén coas túas fillas e fillos a descubrir que a verdadeira tradición é a eternidade e que, xuntos e xuntas, somos imparables. Oroso baila unido contra o acoso! 




domingo, 22 de marzo de 2026

Semana da Prensa no CRA de Oroso

Mergullámonos nun mar de palabras, titulares e historias…

Os nosos nenos e nenas convertéronse en auténticos exploradores da información, descubrindo novas emocionantes, curiosas e moi interesantes a través dos xornais.

Aprendemos algo moi importante:
Estar informados e informadas axúdanos a comprender o mundo
Non todo o que lemos é certo… coidado coas fake news!
Contrastar información tamén é aprender 

E como no CRA sabemos que todo pode ter unha segunda vida…
Os xornais antigos transformáronse en algo máxico…
Unhas bruxas moi especiais cobraron vida nas nosas aulas!!

Porque aprender tamén é crear, imaxinar… e coidar do planeta 

Non perdas o vídeo con todo o proceso: lectura, descubrimento e maxia!




Anxo Moure e a gran ciclobiblioteca!

 No CRA de Oroso vivimos un día... INESQUECIBLE!

A visita do marabilloso Anxo Moure encheu as nosas escolas de maxia, risas e moita natureza.

Comezamos cunha sesión de lectura moi especial… baixo as árbores!
O vento, as follas e as palabras mesturáronse para transportarnos a un mundo onde a natureza fala… e nós escoitamos.

E cando pensabamos que xa non podía ser mellor… chegou a súa incrible ciclobiblioteca!
Si, si! Unha biblioteca con rodas na que puidemos montar todos: nenos, nenas, mestres e mestras.

Rimos, aprendemos, pedalamos e, sobre todo… sentimos a natureza moi preto.

Foi deses días que quedan gardados no corazón.
Deses que nos lembran que aprender tamén pode ser unha aventura divertida e chea de emocións!

Grazas, Anxo, por facernos soñar e por ensinarnos a coidar o que é de todas e todos.



SUCESO TOTAL NO CRA DE OROSO: ERGUERSE!

O pasado venres 20 de marzo vivimos unha xornada inesquecible no noso centro. Baixo a maxistral guía de Gustavo Couto e a aportación do Concello de Oroso, mergullámonos nunha experiencia musical e de danza única onde a arte se converteu na mellor ferramenta contra o bullying.

Foi emocionante ver como os nosos nenos e nenas conectaron coas súas emocións a través do movemento, aprendendo sobre a importancia do respecto e a empatía. Pero isto non remata aquí... Queremos máis!

PRÓXIMA PARADA: SESIÓN DO MARTES

Queremos que as familias do CRA tamén formen parte desta transformación. Por iso, convidámosvos a participar na vindeira sesión:

 Onde: Centro Socio Cultural Fernando Casas Novoa (Sigüeiro).

Cando: vindeiro martes 24 de marzo.

Hora: de 16:30 a 17:30 h (esta sesión substituirá o horario habitual de biblioteca).

Nesta xornada poderemos ver o traballo realizado e descubrir como "Erguerse" nos axuda a atopar a nosa propia voz e forza interior.

Non perdades o vídeo que acompaña esta publicación! É unha pequena mostra da maxia e a enerxía que vivimos o venres pasado. Grazas ao Concello de Oroso e a Et Suseia Danza!

Familias, agardámosvos a todas para seguir construíndo un espazo seguro e coidado para os nosos fillos e fillas. Imos alá! 



xoves, 19 de marzo de 2026

O CRA de Oroso énchese de vida, natureza e conciencia!

Este 20 de marzo, case coincidindo co Día da Árbore, recibimos nas nosas escolas a visita do gran contador, educador e defensor da natureza Anxo Moure.

Unha xornada moi especial na que o noso alumnado poderá sentir, escoitar e comprender a importancia dos nosos bosques, eses espazos que son moito máis ca árbores: son fogar, vida, equilibrio e futuro.

Nun momento no que moitas veces se prioriza o privado fronte ao que é de todas e todos, queremos lembrar que:
Os montes, os ríos e os bosques son un ben común
O seu coidado é responsabilidade de toda a sociedade
Protexer as nosas especies autóctonas é garantir vida mañá

Porque educar na natureza é educar para a vida.
Porque coidar o noso é construír futuro.

Dende o CRA de Oroso seguimos sementando conciencia, respecto e amor pola nosa terra.




PROPOSTA CULTURAL: ERGUERSE NO CRA DE OROSO

Familias do CRA de Oroso, temos unha cita moi especial! O Concello de Oroso promociono esta experiencia entre todos os centros educativos do Concello de Oroso. E grazas a esta inicitiva podemos deleitarnos con esta experiencia.  Despois de traballar e gozar no centro o venres 20 de marzo con esta proposta tan especial, queremos convidarvos a unha sesión única para compartir cos voso fillos e fillas.

Este martes 24 de marzo, o horario de biblioteca transfórmase nunha experiencia máxica de movemento e emoción co proxecto "Erguerse" da compañía Et Suseia.

Que é "Erguerse"?

É un proxecto artístico e educativo que utiliza a danza tradicional galega e a contemporánea para falar sobre o bullying e o respecto. A través do baile, os nenos e nenas aprenderán a:

  • Recoñecer as súas emocións (o medo, a alegría, a esperanza) no seu propio corpo.

  • Fortalecer a empatía e o apoio entre compañeiros/as.

  • Descubrir a arte como unha ferramenta para comunicarse e medrar con forza.

 Axenda do Martes:

  • Cando? Martes, 24 de marzo.
  • Hora: De 16:30 a 17:30 h.
  • Onde? Centro Socio Cultural Casas Novoa (Sigüeiro, Oroso).

Non perdades esta oportunidade de ver como a danza pode axudar aos máis pequenos a atopar a súa propia voz e forza interior. É o momento de bailar xuntos e xuntas por un cole sen acoso e cheo de respecto!

Vémonos alí para "Erguerse" con forza!

Para máis información entrade no seguinte enlace: https://drive.google.com/file/d/12ffnIAWg5zO0aN1hfa9xqkovd66Wkqdm/view?usp=sharing


 


Xa non queda nada

 


luns, 16 de marzo de 2026

The spirit of St. Patrick’s Day arrives at CRA de Oroso!

In our English classes we also travel around the world… and today we stopped in Ireland to celebrate St. Patrick’s Day

With the help of Jamie, our language assistant, and our English teacher Nico, we discovered traditions, symbols and customs of this special celebration: the green colour that fills the streets, lucky shamrocks, stories about Ireland and the joy of a festival celebrated all around the world.

Learning English is also opening a window to other cultures, listening to new words, sharing smiles and discovering traditions from different places.

Today our classrooms were full of curiosity, excitement and a little bit of Irish spirit. Because learning languages also means travelling without leaving school

Happy St. Patrick’s Day! 





Recomendación lectora: 






A primavera comeza a agromar no CRA de Oroso!

 


Recomendación lectora:




As matemáticas tamén se constrúen coas mans!

No CRA de Oroso seguimos abrindo portas ao mundo matemático a través da experimentación e da curiosidade. O alumnado mergullouse nun reto moi especial: crear e explorar figuras con xeoplanos.

Con gomas de cores e moita imaxinación, as nenas e nenos investigaron formas, lados, vértices e simetrías… convertendo a aula nun auténtico laboratorio matemático. 

Esta actividade nace tamén do traballo realizado na formación do profesorado do centro, onde seguimos aprendendo novas estratexias para facer das matemáticas unha experiencia visual, manipulativa e significativa. Porque cando o profesorado aprende, o alumnado tamén gaña novas oportunidades para descubrir o mundo.

No CRA de Oroso apostamos por unhas matemáticas que se tocan, se constrúen e se viven. E o mellor de todo… aprendendo mentres xogamos!

Pequenas mans construíndo grandes ideas.




sábado, 14 de marzo de 2026

Nova cita ná biblioteca… e xa cheira a primavera!

O 17 de marzo temos unha nova aventura lectora na biblioteca escolar do CRA de Oroso. Esta vez mergullarémonos nun conto que leva décadas facendo voar a imaxinación de millóns de nenos e nenas:

“Unha eiruga moi larpeira” de Eric Carle

Un clásico da literatura infantil que convida a descubrir algo marabilloso: como da vida máis pequena pode xurdir unha transformación sorprendente.

Un pequeno ovo
Unha eiruga con moita fame
Moita comida polo medio
Un casulo
…e finalmente unha fermosa bolboreta!

Este conto é moito máis que unha historia divertida. É unha porta para aprender sobre a natureza, o paso do tempo, o crecemento e os ciclos da vida, algo que conecta moi ben coa curiosidade do noso alumnado de infantil e primeiros cursos de primaria.

Ademais, Eric Carle é coñecido en todo o mundo polas súas ilustracións únicas, feitas con colaxes de papeis pintados, que enchen os seus libros de cor, textura e emoción. As súas historias axudan aos máis pequenos a descubrir o mundo a través da arte, da ciencia e da imaxinación.

Nesta sesión, ademais da lectura do conto, prepararemos unha actividade súper mega divertida.

Porque si…
 a primavera xa se empeza a sentir no aire,
nas plantas que medran,
nos pequenos animais que espertan…
e tamén nas historias que florecen na nosa biblioteca.

Así que preparádevos… porque o 17 de marzo a nosa biblioteca volverá encherse de contos, sorpresa e moita maxia lectora.

Quen sabe… igual algunha pequena eiruga tamén comeza a transformarse entre as páxinas dun libro.




Pequenas científicas e científicos… facendo estatística!

No noso cole, o tempo tamén se estuda… e con moita curiosidade! O alumnado convertéronse en auténticos observadores e observadoras do tempo atmosférico.

Cada día anotaron se facía sol, choiva, vento, frío, saraiba, nubrado… rexistrando a información en táboas de datos elaboradas por eles e elas mesmas. Despois chegou a parte máis emocionante: interpretar os resultados.

Contaron cantos días choveu
Compararon cantos días fixo sol
Fixeron cálculos matemáticos
Pensaron, analizaron e sacaron conclusións

Deste xeito, o alumnado iníciase de forma manipulativa, visual e significativa na estatística, unha das competencias matemáticas fundamentais.

Esta experiencia conecta directamente co currículo de Educación Infantil e Primaria, especialmente co desenvolvemento de:

Pensamento matemático e lóxico
Recollida, organización e interpretación de datos
Observación do medio natural
Comunicación de resultados e conclusións

Aprender matemáticas así significa investigar, observar o mundo e facer preguntas. Porque a estatística non é só números… tamén é comprender o que pasa ao noso arredor.

No noso CRA seguimos apostando por unha aprendizaxe activa, innovadora e conectada coa realidade, onde cada día pode converterse nunha pequena investigación científica.

Porque ás veces… mirar ao ceo tamén é facer matemáticas. 




martes, 10 de marzo de 2026

Un éxito cheo de preguntas na Pingüibiblio do CRA de Oroso!



Vivimos unha sesión moi especial na nosa biblioteca escolar. Co gallo do Día Internacional de Facer Preguntas, a Pingüibiblio encheuse de curiosidade, risas e moitas ganas de descubrir o mundo a través das preguntas.

E temos que dicilo: foi todo un éxito! 

Todo comezou cun pequeno misterio… as preguntas escaparan dos libros! 
O noso alumnado tivo que axudarnos a atopalas e, pouco a pouco, fomos descubrindo que preguntar é unha das mellores maneiras de aprender.

Durante a sesión compartimos dúas historias marabillosas:

 A que sabe a lúa? de Michael Grejniec,  que nos fixo pensar sobre a cooperación, a curiosidade e o valor de intentar alcanzar os nosos soños xuntos e xuntas.


De que cor é un bico? de Rocio Bonilla, un conto cheo de emocións, cores e imaxinación.

A partir destes libros xurdiron conversacións, ideas e moitas preguntas que conectan co mundo da lectura e da escritura, pero tamén co pensamento lóxico e matemático: observar, comparar, imaxinar respostas, facer hipóteses e compartir opinións.

Na nosa escola cremos firmemente que a biblioteca é moito máis ca un lugar para ler:
é un espazo onde nacen preguntas, medran ideas e constrúense aprendizaxes para toda a vida

Queremos compartir coas nosas familias —e tamén coas futuras familias que buscan unha escola viva, curiosa e innovadora— que actividades como esta forman parte do noso día a día: propostas que espertan a curiosidade, fomentan o pensamento e fan do aprender unha verdadeira aventura.

Porque na Pingüibiblio do CRA de Oroso sabemos algo moi importante: cada pregunta abre unha porta ao coñecemento.