luns, 16 de marzo de 2026

As matemáticas tamén se constrúen coas mans!

No CRA de Oroso seguimos abrindo portas ao mundo matemático a través da experimentación e da curiosidade. O alumnado mergullouse nun reto moi especial: crear e explorar figuras con xeoplanos.

Con gomas de cores e moita imaxinación, as nenas e nenos investigaron formas, lados, vértices e simetrías… convertendo a aula nun auténtico laboratorio matemático. 

Esta actividade nace tamén do traballo realizado na formación do profesorado do centro, onde seguimos aprendendo novas estratexias para facer das matemáticas unha experiencia visual, manipulativa e significativa. Porque cando o profesorado aprende, o alumnado tamén gaña novas oportunidades para descubrir o mundo.

No CRA de Oroso apostamos por unhas matemáticas que se tocan, se constrúen e se viven. E o mellor de todo… aprendendo mentres xogamos!

Pequenas mans construíndo grandes ideas.




Ningún comentario:

Publicar un comentario