domingo, 1 de marzo de 2026

3 de marzo · Día de la Audición no CRA de Oroso

 Este 3 de marzo celebramos unha sesión moi especial de animación á lectura na Pingüíbiblio, a biblioteca escolar do CRA de Oroso, para conmemorar o Día da Audición.

O alumnado e o profesorado mergullarémonos nunha experiencia sensorial e divertida a través do libro ¡OH! Un libro de sonidos, do recoñecido autor e ilustrador Hervé Tullet, coñecido por crear obras interactivas que convidan a xogar, escoitar, experimentar e aprender cos cinco sentidos.

A audición é fundamental na nosa vida diaria: permítenos comunicarnos, aprender, emocionarnos coa música, gozar das historias e relacionarnos co mundo que nos rodea.
Pero tamén queremos lembrar que non todas as persoas oen do mesmo xeito, e iso non é unha limitación, senón unha diversidade.

Existen moitas formas de comunicarse e de “escoitar”: linguaxe de signos, lectura labial, audífonos, implantes cocleares, apoios tecnolóxicos e visuais

Nesta xornada tamén falaremos da importancia de coidar os nosos oídos, evitando ruídos excesivos, introdución de obxectos ou hábitos pouco saudables, e aprendendo pequenos trucos para mellorar a nosa audición desde idades temperás.

Realizaremos actividades lúdicas e educativas relacionadas co coñecemento da audición, xogos sonoros, exploración de sons, silencios e moitas sorpresas máis.

Convidamos a todas as familias do CRA de Oroso a compartir con nós esta xornada tan significativa.



Ningún comentario:

Publicar un comentario