O prazo de presentación de solicitudes ordinaria de admisión do alumnado para o curso 2026/2027 será do 01.03.2026 ata o 20.03.2026 (ambos incluídos).
As solicitudes de admisión poderanse presentar a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/) ou de forma presencial no centro.
O anexo II-bis da solicitude deberá estar asinado por todos os membros da unidade familiar, excepto a persoa solicitante, e incluír o consentimento expreso do outro proxenitor. Se se presenta a solicitude a través da aplicación admisionalumnado, o anexo II-bis deberase engadir á solicitude escaneado.
Nos ficheiros adxuntos achégase o modelo de solicitude de admisión e unha nota informativa sobre este procedemento.
Para calquera dúbida sobre este procedemento ou para máis información poden consultar na dirección do centro chamando ao 628 071 438.
Adxunto 1: Solicitude admisión ordinaria ED550B-G
Adxunto 2: Nota informativa sobre admisión de alumnado do 2026 - 2027

Ningún comentario:
Publicar un comentario