A primavera xa axexa e o noso cole énchese de vida, cor e ilusión grazas ao programa Voz Natura.
Os nenos e nenas están a vivir en primeira persoa a maxia da natureza: as plantas que eles mesmos e mesmas plantaron medraron, están fortes… e xa comezan a florecer! Un exemplo claro de coidar, esperar e aprender facendo.
Pero a aprendizaxe non queda só na horta escolar. Ao noso redor, o campo que envolve o CRA de Oroso tamén nos fala: brotes novos, máis verde, sons diferentes e os primeiros sinais de que a estación do renacer xa está aquí .
Aprendemos a observar, respectar e querer a natureza dende pequenos e pequenas, porque educar no rural é educar con raíces, con sentido e con futuro.

Ningún comentario:
Publicar un comentario