martes, 10 de febreiro de 2026

Formación que transforma, profesorado que avanza.

Esta tarde, o profesorado do CRA de Oroso participou nunha enriquecedora acción formativa da man de Cristina Barros Guertón, coordinadora en activo de Polos Creativos, quen nos achegou ao manexo da Silhouette Cameo 5 e ás múltiples posibilidades didácticas que ofrece para o traballo nas aulas.

Foi unha xornada amena, participativa e inspiradora, na que puidemos descubrir como esta ferramenta pode converterse nun recurso clave para favorecer a lectura, a escritura, o pensamento matemático, o acceso á información e moitos outros ámbitos recollidos no currículo escolar, sempre desde unha perspectiva innovadora, inclusiva e adaptada ao noso alumnado.

No CRA de Oroso cremos nun profesorado con inquietude, valentía e ganas de seguir aprendendo, porque formarse é avanzar e avanzar é ofrecer ao noso alumnado máis e mellores oportunidades para desenvolver todo o seu potencial.

Seguimos camiñando xuntas e xuntos, apostando por unha educación creativa, actual e aberta ao futuro.
Porque cando o profesorado medra, o alumnado brilla. 





Ningún comentario:

Publicar un comentario