mércores, 25 de febreiro de 2026

Rosalía florece no CRA de Oroso

No CRA de Oroso celebramos o Día de Rosalía de Castro dun xeito moi especial: plantando memoria, poesía e raíces.

Ao longo destes días coñecemos a súa vida, descubrimos a forza da súa obra e recitamos versos que seguen latexando no tempo. E para deixar pegada no noso centro, decidimos sementar o seu legado.

Plantamos rosas, símbolo do amor e da palabra, lembrando esa rosa adicada á súa nai que vive na súa poesía.
Plantamos camelias, flor de beleza serena e identidade.

Cada planta será agora un recordo vivo, unha aula ao aire libre, un verso que medra co paso do tempo. Porque educar tamén é coidar a terra, a lingua e a memoria.

Esta actividade enmárcase no noso compromiso co proxecto Voz Natura, onde aprendemos que amar Galicia é tamén protexela, sementala e respectala desde a infancia.

Grazas tamén a Forno Garden por aportar as nosas plantas, a terra e os maceteiros que fixeron posible que Rosalía quede para sempre florecendo no noso cole.

Rosalía vive.
Rosalía medra.
Rosalía queda connosco.




Ningún comentario:

Publicar un comentario