Educación vial nas escolas do CRA de Oroso: un camiño seguro cara o futuro
Ao longo destas semanas, nas escolas de Deixebre, Trasmonte, Vilacide e Senra, vivimos unhas xornadas moi especiais a través do programa Proxecta: Mobilidades Sostible.Contamos coa presenza de Kiko e Alberto, da Dirección Xeral de Tráfico, que compartiron con nós todo o seu saber e experiencia para axudarnos a ser peóns, ciclistas e acompañantes máis responsables.
Falamos de sinais de tráfico, do uso correcto do semáforo e dos pasos de peóns, da importancia de ir en bici con seguridade e de como evitar riscos na rúa e nas estradas, como debemos ir sendados nos vehículos… Todo cun obxectivo común: previr accidentes e coidar da nosa vida e da dos demais.
Porque a seguridade viaria comeza desde pequenos e pequenas, e no CRA de Oroso aprendemos que é un traballo de equipo entre escola e familia. A súa colaboración e exemplo son fundamentais para que o aprendido nas aulas se leve tamén á vida cotiá.
Grazas a todas as familias pola vosa implicación, e a Kiko e Alberto por sementar conciencia e respecto polas normas que nos protexen a todos e todas. Xuntos e xuntas construímos camiños máis seguros e sostibles.
Ningún comentario:
Publicar un comentario