Que tal colegas?.
Xa hei visto que na Pingüibiblio seguides profundando no tema da igualdade. Con dous libros fantásticos e que polo que vexo son os favoritos de moita xente. Xa sabemos que Canizales é un gran escritor e ilustrador que ten contos estupendos.
Xa vedes como unha bruxa pode chegar a atopar a súa propia beleza e unha nena " guai" logra ver como é o camiño para ser mellor.
Preme nas portadas para ir a páxina web de Canizales.
Para que vaiades abrindo boca aquí queda outro conto no que o noso autor foi o seu ilustrador
Premede sobre a imaxe para escoitar a súa canción.
Para ver as fotos da sesión de biblioteca clicade no Instagram!!!
Este martes vimos un conto moi especial. Mostrounos como non debemos renunciar aos nosos soños e como debemos loitar por conseguir desenvolvernos profesionalmente, sobretodo as mulleres.
Antes as mulleres víanse sometidas a facer so labores do fogar e profesións consideradas "femininas": enfermeira, mestra, costureira...
Hoxe está cambiando moito e debemos seguir adiante neste camino. Todas e todos podemos traballar no que nos proponemos e que nos guste. Nesta vida hai que loitar pola igualdade!!! E estar en contra de conductas machistas.
Clica!
Esta obra foi escrita e ilustrada por Cañizales. Un autor que xa conocíamos na nosa pingüibiblio e que nos entusiasma.
Este martes conto que veñades por dous motivos moi importantes.
Primeiro porque o pasamos moi ben e hoxe imos coñecer a unha morea de amigas novas que nos van ensinar moitas cousiñas sobre a igualdade e contra a violencia de xénero.
Chámanse bonecas #8M e podédelas atopar en:
Clica na imaxe
Pero sobretodo imos desfrutar dun conto novo titulado: Hermanastra. Mirade o seu vídeo:
En segundo lugar, avisado as familias de que están convidadas a outra sesión da escola de nais e pais.
Estou desexando estar con vós! Moitos pingüibikos!