A que estibo xenial o día de poder voar un papaventos!
Aledoume moito que viñésedes a Pingüibiblio e ver o ben que o pasástedes. Como son un amimal moi amigable quero recomendarvos unha serie de libros e música para xogar co mundo dos papaventos. Estades preparados e preparadas?.
Tamén vos deixo un episodio de Bechos, na que falan sobre os papaventos:
No CRA de Oroso preparamos unha experiencia moi especial para conmemorar o 25N, inspirada na canción As mans de Pablo Díaz. Cada escola do CRA achega a súa estrofa e o seu estribillo, e entre todas e todos construímos unha mensaxe clara: coas nosas mans podemos cambiar o mundo e dicir NON á violencia de xénero.
Ademais, cada escola creou unha estrofa nova, dita polas nenas e nenos, buscando solucións para erradicar a violencia dende o respecto e a convivencia.
Tamén comezamos coas mans troqueladas coa cortadora laser que acompañarán o proxecto. Listas para converterse nun símbolo visible do noso compromiso.
Porque educar na igualdade tamén se fai coas mans: construíndo, creando, acompañando e respectando.