xoves, 31 de outubro de 2019

Xa chegou novembro...

Ola colegas!

Xa chegou o mes de novembro e foi un frío tremendo. Chove moito.

Seguro que moitas e moitos estades a procura de noces, castañas, cogumelos... Estamos no tempo.

Aínda que faga este tempo conto con todas e todos na biblioteca este martes. Veña que hai que escorrentar esa moulería e comezar a moverse.

Para ir abrindo dente, podedes bailar esta canción:


mércores, 30 de outubro de 2019

A mellor sopa do mundo

Ola chikitíns!!!

Xa vexo que o libro deste martes abreu o apetito a máis dunha persoa.

Para lograr unha cousa tan deliciosa so se precisa colaborar e traballar en equipo.

Preme na imaxe

Este conto foi escrito por Susana Isern e ilustrado por Mar Ferrero .


Aquí queda un libro tamén para mercar ou emprestar. Preme na imaxe:


Escrito e adaptado por Almudena Janeiro. Unha obra de arte!

xoves, 24 de outubro de 2019

Novo martes, conto ao canto!

Que ganas teño de vervos!

Seguro que pensases que ando pola sede do CRA pero, NON!!!

Atópome de viaxe por Escocia, mirando novas escolas, amigas e amigos, lugares e como non cultura.

Espero que veñades a biblioteca e que prontiño poida volver a vernos.

Mirade que música tan fantástica sea por estos lares:


mércores, 23 de outubro de 2019

Fiz, o coleccionista de medos.

Vaia cousa!!!

Quen ía pensar que se podían coleccionar os medos.

Quedei pensado en que cousiñas podemos utilizar para coleccionar: agarimos, bicos, pedras, bagoas...?

Supoño que calquera cousas que desexemos. A cuestión é abrir o noso corazón e atesoralo con agarimo.

Este é o noso conto:

Preme na imaxe.

Este libro foi escrito por Fina Casalderrey, unha grande escritora galega que cada día nos amosa algo novo na súa obra e da que degustamos con sumo placer.
A súa ilustradora é Teresa Lima que seguro que a coñecedes de contos como os seguintes:



Pero para atrapar o medo achamos unha solución, mirade, mirade...



ATRAPASOÑOS




xoves, 17 de outubro de 2019

Quen ten medo e a que...

Ola terror!

Ola medo!!

OLA PERIGO!!!

Xa está comenzando o tempo que nos indica que o Samaín comeza a estar preto...

Para ir abrindo os cairos!!!


Conto que veñades a pingüibilio, que algo de imos a ter que pode impresionar ao persoal.

mércores, 16 de outubro de 2019

SOY UN PUNTO

Ola chicas e chicos!

Xa vedes cal é o título do conto:

Preme na imaxe.

Vimos comodón uns simples puntos negros e brancos podemos coñecer a realidade social que temos ao noso arredor. 

Este libro foi escrito por Giancarlo Macri e ilustrado por Carolina Zanotti.

Queredes ver fotos desta tarde de reflexión?

SEGURO QUE SI!!!!











xoves, 10 de outubro de 2019

Somos iguais, diferentes...?

Ola bonikiñ@s!!!

O conto que imos ter este martes vai adicado a xente que ten que marchar do seu país porque non pode vivir en el. Coñecedes alguén?

Seguro que recordades cando colaboramos con SOS África e aportamos roupa ou calzado que xa non precisamos:




Alguna desta roupa vai destinada a persoas que se ven implicadas nesta problemática. 

Aquí queda unha canción, pensade no que di:




mércores, 9 de outubro de 2019

A princesa rebelde

Ola fantastic@s!!!

Que gran conto o martes! Volvimos a recordar unha princesa moi especial.

Ela quere ser feliz e non lle gusta o que din os contos de sempre. 

Xa vedes que as mulleres podemos conseguilo todo. E como non os nenos tamén.

Preme sobre a imaxe para ver a historia das súa escritora e ilustradora.



domingo, 6 de outubro de 2019

Pingüibiblioteca a vista!!!

Ola pekes!!!

Xa chega outra xornada de lectura e diversión. 

O outro día viñéstedes foi pouca xente, pero espero que este martes se anime a peña. VEÑAAAA, QUE ESTOU AGARRDANDOOOO"!!!


Imos ver un conto dunha princesa que non é coma o resto. Porque debedes saber que non todas as nenas queren ser princesas, nen todos os nenas queren ser principes. Cada persoa ten dereito a desexar ou soñar con lograr as súas propias metas.

E como non imos a bailar con La ChicaCharcos & The Katiuskas band!



xoves, 3 de outubro de 2019

Canto te quero, profe!

O libro que exploramos o martes foi: CANTO TE QUERO, PROFE.

Debedes ver toda a colección: A igualdade conta de Edicións Embora.

Foi escrito por Paloma Rodríguez e Cristina Justo. Elas son consultoras en igualdade e fundadoras da Sociedade GALEA. Colaboran activamente neste campo mediante seminarios, xornadas, cursos...

A sÚa ilustradora é Spêla Trobec. 

Se querelles ver como é a nosa ilustradora podedes ver este vídeo da TVG no que temos unha entrevista dela e vemos como é o lugar onde vive (minuto 58):


Preme a imaxe.

Por certo, visitado o Instagram, podedes ver fotografías sobre o día da pingüibiblioteca.