Amosando publicacións coa etiqueta MAMÁ CABRA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta MAMÁ CABRA. Amosar todas as publicacións

luns, 29 de abril de 2024

Martes especial

Ola chulis!

Que martes máis extraordinario imos gozar!

Nesta semana imos de excursión a Panadería de Berdía (clica no nome para ver onde se ubica). Estou moi feliz por que vaiades ver o proceso de elaboración do pan. Tamén sei que andades coñecendo o proceso de elaboración do cacao. É similar pero diferente a ver se adiviñades mañá cales son as súas semellanzas e as súas distincións. Abride ben os sentidos!

Pola tarde imos continuar co tema a ver se aprendístedes algo ou simplemente so acudístedes a papar, comellonas e comellóns!

Agora a bailar unha canción sobre o pan de Mamacabra!!!



luns, 12 de marzo de 2018

Vinde a verme!

Ola cachondaz@s!!!

Este martes chega á biblioteca un rapaz moi especial chamado Xaime. Non vexas o de cousas que sabe facer. Estou co pico aberto. 

El di que a primavera xa lle cheira. Sabedes a que lle ule?. Pois a flores, bolboretas, paxariños voadores e como non a árboles novas.

A min tamén me gusta moito esta estación. Xa saberedes que faltan uns días pero pouco a pouco imos chegar a ela. A ver se o tempo nós acompaña.

Para que pasedes un bo rato, bailade. Coidado coas abellas que sean o principio... I, I, I!


Esta canción é do Disco - DVD Bicos de Música de Mama Cabra.