luns, 29 de abril de 2024

Martes especial

Ola chulis!

Que martes máis extraordinario imos gozar!

Nesta semana imos de excursión a Panadería de Berdía (clica no nome para ver onde se ubica). Estou moi feliz por que vaiades ver o proceso de elaboración do pan. Tamén sei que andades coñecendo o proceso de elaboración do cacao. É similar pero diferente a ver se adiviñades mañá cales son as súas semellanzas e as súas distincións. Abride ben os sentidos!

Pola tarde imos continuar co tema a ver se aprendístedes algo ou simplemente so acudístedes a papar, comellonas e comellóns!

Agora a bailar unha canción sobre o pan de Mamacabra!!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario