Amosando publicacións coa etiqueta SPELA TROBEC. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta SPELA TROBEC. Amosar todas as publicacións

mércores, 6 de decembro de 2023

Ole, ole e ole

 Que boa tarde e canto aprendimos!


Xa vin que o conto: O país dos mandóns; foi un éxito. 

Recordamos quen o fixo?. Pois foi escrito por Paloma Rodríguez Vázquez e Cristina Justo Suárez e ilustrouno Spela Trobec

Queredes velo?




mércores, 13 de novembro de 2019

Teño dúas casas de Embora Edicións

Seguimos avanzando co tema da igualdade.

Este martes tocoulle o turno a un gran conto titulado:


Preme na imaxe para acceder ao libro.

Cando cambia a vida dunha persoa cando dous seres moi queridos para ela separan os seus camiños. Pero eso non ten que ser sempre malo, a felicidade e un novo mundo pódese abrir ante nós.

As súas autoras: Paloma Rodríguez e Cristina Justo xa son moi coñecidas no nose blogue. So tes que clicar en autoras e aparecerán máis entradas delas ante os teus ollos.

Recordade tamén a Spela Trobec en ilustradoras. Cantos recordos!

Mirade que chuladas fixemos!






xoves, 3 de outubro de 2019

Canto te quero, profe!

O libro que exploramos o martes foi: CANTO TE QUERO, PROFE.

Debedes ver toda a colección: A igualdade conta de Edicións Embora.

Foi escrito por Paloma Rodríguez e Cristina Justo. Elas son consultoras en igualdade e fundadoras da Sociedade GALEA. Colaboran activamente neste campo mediante seminarios, xornadas, cursos...

A sÚa ilustradora é Spêla Trobec. 

Se querelles ver como é a nosa ilustradora podedes ver este vídeo da TVG no que temos unha entrevista dela e vemos como é o lugar onde vive (minuto 58):


Preme a imaxe.

Por certo, visitado o Instagram, podedes ver fotografías sobre o día da pingüibiblioteca.

venres, 9 de marzo de 2018

8 de marzo

Ola chulis!

Que tal a excursión?. Polo que me contaron moi ben, non?

Aquí á biblioteca chegan as novas a fume se carozo. Dixéronme que vístedes unha exposición fenomenal sobre as mulleres. Recordade decirlo á familia para poder ir visitala de novo.


Despois segundo me notificaron, gozástedes vendo unha magnifica obra sobre: O país dos mandóns. Feita por unha compañía de teatro chamada Ghazafelhos. Que maneira de rir!!! Alguén pouco lle faltou para que se mexara coa risa.

Queredes recordar? Preparade os ollos, as orellas... XA!!!


Unha cousiña máis se queredes ver as fotos do día visitade a páxina do noso CRA.




xoves, 1 de marzo de 2018

VAIA NOVA!!! OUTRA EXCURSIÓN!!!

Ola colegas!!!

Xa me enterei que volvedes a saír da vosa escola o 8 de marzo. QUE BEN!!!

Dixéronme que ides participar nunha experiencia patrocinada polo Concello de Oroso. Unha obra moi especial: O PAÍS DOS MANDÓNS.

Espero que o pasedes xenial!. Non esquezades que podedes ler o conto. Está na nosa biblioteca ou se decidides mercalo, en calquera libreria do concello seguro que o conseguides.