Amosando publicacións coa etiqueta A XANELA DO MAXÍN. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta A XANELA DO MAXÍN. Amosar todas as publicacións

luns, 4 de novembro de 2024

Chega o mes da ciencia!

 Ola pingüiamigues!

Como xa sabedes está petando a nosa porta o mes da ciencia e como non na Pingüibiblio imos a experimentar e descubrir novos segredos relacionados coa física, a química... Utilizando as nosas dotes detectivescas. Recordades a importancia de seguir uns pasos para averiguar o que acontece e como poner a proba as nosas hipótesis? Vede o vídeo para recordarlo!



Este martes imos a experimentar con elementos do outono. Que pasará? Como se desenvolverá? Atentas e atentos a este novo campo de investigación!

Para recordar e ir abrindo boca imos rememorar o que fixemos o día pasado:









mércores, 8 de novembro de 2023

Experimentar e aprender, Marie Curie...

 Que día máis divertido pasamos na biblioteca!

A ciencia é superinteresante. Parece complicada pero se pouco a pouco nos mergullamos nela decatámonos que é un mundo que está por descubrir.

Entre todas e todos coñecemos a Marie Curie.



Despois fixemos unha serie de experimentos. Ollo ao dato pingüíns! Veredes que divertido.


Para seguir con este tema podedes visitar: O PORTAL DA LINGUA GALEGA.

Alí podes topar mil e unha ideas. Convídovos a ver o libro interactivo da Toupiciencia, coidado que tedes que abrilo en ePub. Preguntadelle as mestras. Cos IPads podedes velo perfectamente.



A xanela do Maxín. O metodo científico Toupiciencia.