Foron escritos e ilustrados por Steve Smallman e Joëlle Dreidemy. Animádevos a pedilos polo Nadal tanto aos Reis como a Papá Noel. Seguro que os dan este agasallo tan especial.
Agora xa sabedes o que toca non?. Preparade as pilas que xa chega o festival e estou desexando ver o voso espectáculo.
Xa non queda nada para celebrar está festa tan especial. Xa sabedes cantamos panxoliñas, vemos luces de cores, visitamos a familia, seamos xunt@s... E falando de crear. Sabede que o conto deste martes vai sobre unha comida moi especial onde está implicad@s lobos e unha ovella.
Non quero estropear a sorpresa. Pero so dicirvos que o imos pasar moi ben nesta sesión. Espero que veñades a gozar da tarde. Pensade que vai chover e antes de quedar vendo a tele ou xogando con videoxogos podedes vir a estar coas amigas e amigos. Vide tod@s!!!
Xa se ule o Nadal. Xa escribístedes os vosos desexos? Eu estou niso. Ándolle dando voltas a cachola e non o teño moi claro. As veces pido un bocadillo de guacamole, outras veces poder ir de viaxe a Saturno... Non sei, non sei!
O que teño claro e que vou seguir ansiando conseguir máis Paz no mundo, menos contaminación (reciclando, reutilizando e reducindo) e máis igualdade entre as persoas, xa sexan mulleres e homes, como xente con dificultades...
En Nadal non so hai que pensar en "MIN" senón no que temos ao noso arredor: persoas, animais, natureza...
Este martes na Pingüibiblio imos coñecer uns superheroes fantásticos!. Sacarán de todas as persoas que acudan un SUPERPODER!!!
Estades preparadas e preparados????
Para que vaides quentendo motores imos poder unha cantiga nova para gozar!!!
Canción do disco: Paio e o poder da música. OVIRAVAI.
Este martes vimos un conto moi especial. Mostrounos como non debemos renunciar aos nosos soños e como debemos loitar por conseguir desenvolvernos profesionalmente, sobretodo as mulleres.
Antes as mulleres víanse sometidas a facer so labores do fogar e profesións consideradas "femininas": enfermeira, mestra, costureira...
Hoxe está cambiando moito e debemos seguir adiante neste camino. Todas e todos podemos traballar no que nos proponemos e que nos guste. Nesta vida hai que loitar pola igualdade!!! E estar en contra de conductas machistas.
Clica!
Esta obra foi escrita e ilustrada por Cañizales. Un autor que xa conocíamos na nosa pingüibiblio e que nos entusiasma.