Foron escritos e ilustrados por Steve Smallman e Joëlle Dreidemy. Animádevos a pedilos polo Nadal tanto aos Reis como a Papá Noel. Seguro que os dan este agasallo tan especial.
Agora xa sabedes o que toca non?. Preparade as pilas que xa chega o festival e estou desexando ver o voso espectáculo.
Xa non queda nada para celebrar está festa tan especial. Xa sabedes cantamos panxoliñas, vemos luces de cores, visitamos a familia, seamos xunt@s... E falando de crear. Sabede que o conto deste martes vai sobre unha comida moi especial onde está implicad@s lobos e unha ovella.
Non quero estropear a sorpresa. Pero so dicirvos que o imos pasar moi ben nesta sesión. Espero que veñades a gozar da tarde. Pensade que vai chover e antes de quedar vendo a tele ou xogando con videoxogos podedes vir a estar coas amigas e amigos. Vide tod@s!!!
Xa se ule o Nadal. Xa escribístedes os vosos desexos? Eu estou niso. Ándolle dando voltas a cachola e non o teño moi claro. As veces pido un bocadillo de guacamole, outras veces poder ir de viaxe a Saturno... Non sei, non sei!
O que teño claro e que vou seguir ansiando conseguir máis Paz no mundo, menos contaminación (reciclando, reutilizando e reducindo) e máis igualdade entre as persoas, xa sexan mulleres e homes, como xente con dificultades...
En Nadal non so hai que pensar en "MIN" senón no que temos ao noso arredor: persoas, animais, natureza...
Este martes na Pingüibiblio imos coñecer uns superheroes fantásticos!. Sacarán de todas as persoas que acudan un SUPERPODER!!!
Estades preparadas e preparados????
Para que vaides quentendo motores imos poder unha cantiga nova para gozar!!!
Canción do disco: Paio e o poder da música. OVIRAVAI.
Este martes vimos un conto moi especial. Mostrounos como non debemos renunciar aos nosos soños e como debemos loitar por conseguir desenvolvernos profesionalmente, sobretodo as mulleres.
Antes as mulleres víanse sometidas a facer so labores do fogar e profesións consideradas "femininas": enfermeira, mestra, costureira...
Hoxe está cambiando moito e debemos seguir adiante neste camino. Todas e todos podemos traballar no que nos proponemos e que nos guste. Nesta vida hai que loitar pola igualdade!!! E estar en contra de conductas machistas.
Clica!
Esta obra foi escrita e ilustrada por Cañizales. Un autor que xa conocíamos na nosa pingüibiblio e que nos entusiasma.
Este luns día 2 de decembro faremos a nosa sesión de animación a lectura e a ENAPA para as familias. Contamos con todas e todos. Seguimos falando do día internacional contra a violencia de xénero. Atentas e atentos.
Este martes conto que veñades por dous motivos moi importantes.
Primeiro porque o pasamos moi ben e hoxe imos coñecer a unha morea de amigas novas que nos van ensinar moitas cousiñas sobre a igualdade e contra a violencia de xénero.
Chámanse bonecas #8M e podédelas atopar en:
Clica na imaxe
Pero sobretodo imos desfrutar dun conto novo titulado: Hermanastra. Mirade o seu vídeo:
En segundo lugar, avisado as familias de que están convidadas a outra sesión da escola de nais e pais.
Estou desexando estar con vós! Moitos pingüibikos!
Entereime que hoxe ides de excursión ao CEIP de Sigüeiro a ver unha obra de teatro titulada "CONTOS VELLOS NOVOS, FINAIS" de Caxoto. Espero que o pasedes moi ben. O Concello de Oroso está a hacer unha campaña fabulosa sobre esta temática tan importante nos tempos que corren:
Seguro que xa estades desexando gozar desta gran obra. Aquí queda unha proba:
Este martes tocoulle o turno a un gran conto titulado:
Preme na imaxe para acceder ao libro.
Cando cambia a vida dunha persoa cando dous seres moi queridos para ela separan os seus camiños. Pero eso non ten que ser sempre malo, a felicidade e un novo mundo pódese abrir ante nós.
As súas autoras:Paloma Rodríguez e Cristina Justoxa son moi coñecidas no nose blogue. So tes que clicar en autoras e aparecerán máis entradas delas ante os teus ollos.
Recordade tamén a Spela Trobecen ilustradoras. Cantos recordos!
Quen ía pensar que se podían coleccionar os medos.
Quedei pensado en que cousiñas podemos utilizar para coleccionar: agarimos, bicos, pedras, bagoas...?
Supoño que calquera cousas que desexemos. A cuestión é abrir o noso corazón e atesoralo con agarimo.
Este é o noso conto:
Preme na imaxe.
Este libro foi escrito por Fina Casalderrey, unha grande escritora galega que cada día nos amosa algo novo na súa obra e da que degustamos con sumo placer.
A súa ilustradora é Teresa Lima que seguro que a coñecedes de contos como os seguintes:
Pero para atrapar o medo achamos unha solución, mirade, mirade...
O outro día viñéstedes foi pouca xente, pero espero que este martes se anime a peña. VEÑAAAA, QUE ESTOU AGARRDANDOOOO"!!!
Imos ver un conto dunha princesa que non é coma o resto. Porque debedes saber que non todas as nenas queren ser princesas, nen todos os nenas queren ser principes. Cada persoa ten dereito a desexar ou soñar con lograr as súas propias metas.
Foi escrito por Paloma Rodríguez e Cristina Justo. Elas son consultoras en igualdade e fundadoras da Sociedade GALEA. Colaboran activamente neste campo mediante seminarios, xornadas, cursos...
Se querelles ver como é a nosa ilustradora podedes ver este vídeo da TVG no que temos unha entrevista dela e vemos como é o lugar onde vive (minuto 58):
Preme a imaxe. Por certo, visitado o Instagram, podedes ver fotografías sobre o día da pingüibiblioteca.
Este martes día 1 de outubro temos o noso primeiro día de biblioteca.
Teño moitísimas ganas de comenzar!!!
Imos parolar sobre a biblioteca, como se utiliza, que podemos atopar nela... Formarémonos como lectoras e lectores empedernid@s.
Pero non faremos so anterior senón que tamén veremos un conto moi especial sobre Nicolás. É un neno no seu primeiro día de cole e como coñece á persoa que vai coidar del durante ese curso. Espero que gozedes.
Amosareivos a portada. Coñecédelo?
Aquí queda unha canción de GALETÓN! Para que recordemos canto amor teño:
Xa está aquí o novo curso escolar. Estades listas e listos?. Eu estou en forma. Xa teño ganas de volver a vervos.
Este verán viaxei moito. Visitei a familia, tomei o sol e o xeo, patinei, nadei, deiteime a durmir a sesta...
Ánimo! Temos un novo curso por diante. Benvidas e benvidos a gente nova do nosso CRA e moitos mimos para o alumnado que marchou a outro cole. Seguro que todo vai ir xenial e ides ser superfelices. Recordade que ímosvos querer toda a nosa vida.
Xa sei que andades de ponte!. Eu tamén sigue facendo o camino con Lía, xa case chegamos a Santiago. Seguro que mañán nos vemos! Querelles ver un anaco da nosa andaina?
Estamos pasando moi ben. Mañá vémonos e non esquezades vir a biblioteca pola tarde. Imos ver arte, como a espectacular obra arquitectónica que ides visitar!
Pois eu tamén teño unha inmmmmeeeeessssaaaa! Somos un montón de irmás e irmáns, curmás, tías, tíos... Miña nai e meu pai din que parecemos un galiñeiro cando estamos xunt@s!
Eu creo que perden un pouco de aceite, porque seamos realistas, nos somos pingüíns e non galiñas, están un pouco tocados da á.
Recordades aos nosos COPs?... Seguro que si! Pois hoxe van a falarnos das súas familias. Colleron como referencia un conto superchulo chamado: En familia! e outros parentes de Alexandra Maxeiner e Anke Kulh. Mirade o que contan: