Facebook

Recomendacións da páxina do CRA

luns, 20 de novembro de 2023

20 de novembro Día dos dereitos da Infancia

Fai anos, o 20 de novembro de 1959, durante unha reunión da Asamblea Xeral da Organización das Nacións Unidas (ONU) decidiuse asentar os dereitos das nenas e nenos do mundo. 

As nenas e nenos sodes moi importantes e precisades ser valorados e valoradas como un tesouro para vivir en benestar e protección.

Queredes saber cales son?


No CRA de Oroso este ano celebramos este día facendo un vídeo conmemorativo colaborativo (Deixebre, Trasmonte, Senra e Vilacide) moi especial onde expresamos o que sentimos, que nos gusta, que non nos interesa... 

Mirade que maravilla!



Non esquezades visitar a Pingüibiblio o martes 21, xa veredes o ben que o imos pasar!







Ningún comentario:

Publicar un comentario