Facebook

Recomendacións da páxina do CRA

mércores, 29 de novembro de 2023

Hai algo máis aburrido que ser unha princesa rosa?



Que tal?

Xa vin que este martes estuvéstedes moi ledas e ledos na pingüibiblio. Gustouvos co conto? Eu creo que si. Pero houbo xentiña que non puido acudir a cita. Pero non se preocupar! Aquí vos deixo un enlace ao conto para que o coñezades: 


Este libro foi escrito por Raquel Díaz Reguera e ademais tamén o ilustrou. É unha muller que se dedica a diferentes tarefas artísticas entre elas tamén a música. Naceu en Andalucía e aquí tedes un pequeno vídeo sobre o que lle gusta do seu fogar:







luns, 27 de novembro de 2023

Saída Odaiko

 Ola peques e familias superxeniais! 🌟 Espero que teñades un día cheo de risas e aventuras! 🚀✨ Hoxe temos algo incriblemente emocionante para compartir! 🎉🥁


🎶 Atención a todas as persoas melómanas e amantes da música! 🎶 Algunha vez imaxinaron mergullarse nun mundo cheo de ritmo e percusión? Pois prepárense para unha experiencia máxica e inesquecible! 🥁✨


Hoxe, embarcámonos nunha aventura musical asombrosa! 🎵🌈 Queromos contarvos sobre a obra musical "Vaia Ritmo" creada polo incrible Odaiko Percussion Group. 🤩🥁


Imaxinade un escenario cheo de tambores xigantes, ritmos que fan vibrar o corazón e unha enerxía que che fai bailar nos asentos. Así é "Vaia Ritmo"! 🥳💃🕺


#VaiaRitmo #AventuraMusical #ExcursiónDivertida 🚌🥁@craoroso 


Felicitar ao noso alumnado polo bo comportamento e saber estar. Moitos parabéns sodes as mellores e os mellores!




Día mundial contra a violencia de xénero

 Ola pingüiamiguetes!

Xa sabedes que o día 25 de novembro foi o día contra a violencia de xénero pero esta tarefa non se pode acotar a un so día do ano, seno que temos que traballala ao longo do tempo. As persoas sempre tenentões que estar protexidas contra todo tipo de violencia. 

Temos que defender a paz e o respeto polas demais persoas que nos rodean, comezando por nós. Non todo vale, e as veces min pedindo perdón. 

Neste caso, o martes imos coñecer a unha nena que sofre violencia. Queredes saber que lle pasa? Mirade a curta e botade contas...


Pedídelle as mestras a vosa pulseira da: 
Fundación ANAR (Axuda a Nenos e Nenas e Adolescentes en Risco)





sábado, 25 de novembro de 2023

xoves, 23 de novembro de 2023

Festa do Outono

 Animádevos!

Este venres 24 de novembro celebraremos a festa do Outono e imos pasalo genial!

Aprenderemos moito sobre a comida destas datas e falaremos sobre a violencia de xénero. Non esquezades asistir.


Clica no pingüi


mércores, 22 de novembro de 2023

Día de Pingüibiblio falando dos dereitos

 


Ola pingüicoleguillas!

Xa vin que viñestedes a biblioteca moitas e moitos e seguro que o pasástedes moi ben. 

Polo que pueden pescudar polo buraquiño que teño agachado (que non o atoparedes nin de broma, 👅) vin que aprendéstedes moito.

Polo que observei había dous contos maravillosos. 

Un deles foi:

Este conto é da editora Xerais e está escrito e traduccido por diversos autores e autoras:









Begoña Varela Vázquez

Neste libro, dez grandes autores de literatura infantil e xuvenil uniron o seu talento co do ilustrador Emilio Urberuaga e ofrécennos dez contos que recrean os principios recollidos nesa declaración, co obxectivo de lembrar a súa importancia e de darlles a coñecer aos nenos e nenas de hoxe en día uns dereitos fundamentais que desde hai décadas velan pola súa protección e desenvolvemento.

A continuación, coñecemos o conto de Pepe Carreiro: Os bolechas. Os dereitos da infancia.


Son ámbolos dous libros maravillosos.

Agora unha canción para que saibades o importante que sodes!!!


Uxía a lambona e Banda Molona: Un solo é.


 



martes, 21 de novembro de 2023

luns, 20 de novembro de 2023

20 de novembro Día dos dereitos da Infancia

Fai anos, o 20 de novembro de 1959, durante unha reunión da Asamblea Xeral da Organización das Nacións Unidas (ONU) decidiuse asentar os dereitos das nenas e nenos do mundo. 

As nenas e nenos sodes moi importantes e precisades ser valorados e valoradas como un tesouro para vivir en benestar e protección.

Queredes saber cales son?


No CRA de Oroso este ano celebramos este día facendo un vídeo conmemorativo colaborativo (Deixebre, Trasmonte, Senra e Vilacide) moi especial onde expresamos o que sentimos, que nos gusta, que non nos interesa... 

Mirade que maravilla!



Non esquezades visitar a Pingüibiblio o martes 21, xa veredes o ben que o imos pasar!







mércores, 15 de novembro de 2023

Búscase! Lili a lebre, ladroa de libros de Emily MacKenzi

 Que tal este martes?

Xa vin por un buraquiño que complacéstedes a vos curiosidade sabendo o que son as librerías e o que poderes topar dentro delas. 

Que lebre tan lista e como supo facelo para salirse coa súa. Este conto foi escrito por Emily MacKenzi que tanto escribe como ilustra libros.

De Lili tedes unha pequena colección completa de libros en inglés, pero ollo neste caso chámase Ralfy:




Se algunha ou algún non puido ir a pingüibiblio non desesperedes, aquí de ido un pequeno enlace, poderedes ver o conto signado: 







luns, 13 de novembro de 2023

11 de novembro día das librerías

 Ola pingüíns!

Non sei porque pero andan decindo por ahí que sodes as máis listas e listos da contorna. E eu xa sei a razón de porque din isto. Pero vós sabédelo? Non?

Pois porque sodes as nenas e nenos que máis ledes e visitades moitas veces as librerías do concello e da zona. Canto máis ides a elas e mercades libros, máis cultura posuides.

Este martes imos celebralo con unha amiga moi especial. Ten as mans longas e chámase Lili. Tende coidado con ela está en busca e e captura.





mércores, 8 de novembro de 2023

Experimentar e aprender, Marie Curie...

 Que día máis divertido pasamos na biblioteca!

A ciencia é superinteresante. Parece complicada pero se pouco a pouco nos mergullamos nela decatámonos que é un mundo que está por descubrir.

Entre todas e todos coñecemos a Marie Curie.



Despois fixemos unha serie de experimentos. Ollo ao dato pingüíns! Veredes que divertido.


Para seguir con este tema podedes visitar: O PORTAL DA LINGUA GALEGA.

Alí podes topar mil e unha ideas. Convídovos a ver o libro interactivo da Toupiciencia, coidado que tedes que abrilo en ePub. Preguntadelle as mestras. Cos IPads podedes velo perfectamente.



A xanela do Maxín. O metodo científico Toupiciencia.

luns, 6 de novembro de 2023

Mes da ciencia en galego nas bibliotecas

 Ola investigapingüís:

Que tal estades? 

Pola miña parte estou ansioso porque comeza o mes da ciencia nas bibliotecas escolares. Estou superfeliz!

Que mellor que indagar e resolver as curiosidades científicas que poidan xurdir das nosas experiencias. Así podemos ver o mundo dende outra perspectiva. 

Este ano o manifesto feito por Elena Vázquez Cendón, decana da Faculdade de Matemáticas e mestra do Despartamento de Matemática Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela (USC), elaborou o manifesto deste ano: "Sementeiras de curiosidade científica". 

Se quereres velo so tedes que acudir ao seguinte enlace:

                                                                                           Clica na imaxe

Neste documento ademáis de ter o manifesto vai diferentes actividades para facer ao longo desta tempada.









mércores, 1 de novembro de 2023

Tarde medo, tarde de horror


 Que tal?

Seguro que as persoas que acudístedes a pingüibiblio pasástelo xenial. 

Que ía dicid que unha velliña sería tan lista e lograría librarse de tantas... A idade está claro que da moita sabiduría.

O libro que lemos titulase: A noite da visita; e foi escrito por Benoît Jacques. É un artista que publica nun montón de editoriais e ademais fai exposicións polo mundo adiante.

Supoño que algunha persoa deste CRA non puido vir pero non vos preocupedes déixovos un enlace a un vídeo que narra o conto que vimos. Adiante pingüilectoras e pingüilectores: