Facebook

Recomendacións da páxina do CRA

sábado, 9 de marzo de 2024

#8M no Cra de Oroso

 Queremos agradecer ao Concello de Oroso que nos presentase a Alejandra e contribuir a celebrar o Día Internacional da Muller. 


Conmemoramos non só a loita das mulleres pola igualdade, senón tamén o seu indiscutible papel en todos os aspectos da vida, desde a ciencia ata a literatura. É tempo de recoñecer e celebrar o talento e a fortaleza de todas as mulleres!


Tivemos o pracer de gozar dunha sesión de narración literaria coa incrible contacontos, Alejandra. Levounos a unha viaxe a través de tres contos inspiradores que falaban sobre a importancia da igualdade. Alejandra mostrounos como as historias poden ser un poderoso instrumento de cambio.


Pero iso non foi todo, despois de mergullarnos na maxia da literatura, Alejandra transformouse nunha científica tola e mostrounos a fascinante relación entre as mulleres e a ciencia. Realizou tres experimentos asombrosos:


1️⃣ Observamos como a cor se movía nun pano de mesa con auga, un experimento que nos lembra á xenialidade da científica Rosalind Franklin, quen contribuíu significativamente ao descubrimento da estrutura do ADN.


2️⃣ Presenciamos unha choiva de meteoritos utilizando escuma de afeitar, auga e colorantes, similar aos estudos sobre a formación de meteoritos da astrofísica Margaret Burbidge.


3️⃣ Finalmente, marabillámonos co voo dunha bolsa de té, onde o aire quente facíaa elevarse. Un recordatorio de como a física dos fluídos pode ser tan fascinante como o voo dun paxaro! Un exemplo disto é a enxeñeira aeroespacial Mary Jackson, que cos seus traballos pioneiros na NASA contribuiron ao camiño para futuras exploracións espaciais.




Ningún comentario:

Publicar un comentario