Ola pingüisamainenses!
Que tal o martes? Gustouvos a sesión de medo? Seguro que si. Algunha e algún de vós fallástedes a cita pero non vos preocupar porque aínda quedan moitas quedadas ao longo deste ano escolar.
Vouvos mostrar os diferentes contos que coñecimos:
A PANTASMA COLORIDA
Este libro foi escrito por Gema García unha galega de Cesuras que fixo realidade o seu soño de escribir relatos dándonos esta obra tan maravillosa. O relato foi colaborado por Rocío Pedreira a cal tamén nace en Cesuras e adicta a súa vida a literatura infantil.
UN CUARTO CHEO DE MONSTROS
Neste caso o libro foi realizado por María Canosa, ela é unha escritora moi recoñecida e ademais con infinidade de obras presentes nas nosas bilbiotecas es librerías. Axudoulle a darle un toque creativo Dani Padrón se clicades no nome podedes ver diferentes obras feitas por el. Algunha seguro que vos soa: ba!, a veces mamá ten tronos na cabeza, Pan de millo de Migadlas...
¿DÓNDE ESTÁS MONSTRUO PINO?
Neste libro temos que facer unha pequena investigación visual grazas a Sergio Olivotti un escritor e ilustrador italiano radicado o mundo da literatura infantil e que imparte clases en escolas segundarias.
Como vedes foi unha gran tarde!
Déixovos con unha canción maravillosa de Sergio Olivotti:
Ningún comentario:
Publicar un comentario