Facebook

Recomendacións da páxina do CRA

domingo, 27 de abril de 2025

Xa ule ao mes de maio!

 Ola pingüicolegas!

Xa chega o mes de maio e nestas datas tan queridas estamos a punto de celebrar unha festa moi especial: OS MAIOS.

É unha festa popular de orixes ancestrais. Esta celebración primaveral adóitase celebrar o 1 de maio. Antigamente eran ritos relacionados coa primavera árbores, que se foron perdendo co paso do tempo. Pero aínda a así na nosa terra aínda se conservan festividades relacionadas.

Como as celebramos?

Coa creación de cantigas como...

Levántate maio que tanto dormiche, 

pasou o inverno e ti non veniche

Levántate maio que tanto durmiche 

que pasou abril e ti non o viche.

Ou con figuras especificas da festa: https://calameiga.es/os-maios/



Este martes imos celebrar esta festa tan especial. 

Estades dispostas e dispostos a pasalo ben?

Vinte a Pingüibiblio!!!







Ningún comentario:

Publicar un comentario