Festa de Despedida na Pingüibiblio!
Ola, familias do CRA de Oroso!
Chega o momento de pechar un curso cheo de aprendizaxes, lecturas e emocións compartidas. E que mellor maneira de facelo que cunha festa moi especial na nosa querida Pingüibiblio que por razóns climáticas agora estamos, grazas ao Concello e a Bilbioteca pública municipal de Oroso nas súas instalacións, acompañados polo noso inseparable amigo, Pingüi!
Preparamos unha máxica sesión para despedir as actividades da biblioteca deste curso. Será unha tarde chea de historias, sorrisos e moita ilusión!
Non faltedes! Traede as vosas ganas de pasalo ben e de compartir este momento tan especial coa nosa comunidade educativa. Porque cada final é tamén un novo comezo, e xuntos e xuntas seguimos medrando!
Ningún comentario:
Publicar un comentario