O CRA de Oroso acolle a exposición “Músic@s e libros” do CEE O Pedroso
Nestes últimos días de curso tivemos o pracer de recibir nas catro escolas do CRA de Oroso a exposición itinerante “Músic@s e libros”, un proxecto artístico e educativo elaborado polo Centro de Educación Especial O Pedroso.A través desta proposta, o noso alumnado achegouse á vida e á música de artistas recoñecidos como Mozart, Beethoven, Chopin, Celia Cruz, Mercedes Sosa, Elvis Presley ou os Beatles. O alumnado e profesorado do CEE O Pedroso, encabezados pola mestra Patricia Fernández Botana, preparou 11 cadros con retratos dos músicos e músicas, acompañados dunha guía de audición, crebacabezas, caixas de música coas súas melodías e unha coidada selección bibliográfica.
Desde o CRA de Oroso queremos agradecer ao CEE O Pedroso por compartir connosco este proxecto tan enriquecedor e creativo. Foi unha honra contar con esta mostra nas nosas escolas e gozar coas súas obras de arte.
Ningún comentario:
Publicar un comentario