Facebook

Recomendacións da páxina do CRA

luns, 13 de outubro de 2025

O deseño

Un curso máis, no CRA de Oroso e da man das Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia, abrimos a porta á creatividade nas bibliotecas escolares… e desta volta, a través do deseño!

O deseño acompaña desde sempre a comunicación escrita: tipografías, logotipos, páxinas que nos contan historias de xeito impactante ou sutil. Desde a orixe da escritura ata as ferramentas dixitais de hoxe, o deseño gráfico segue a transformar a información e a nosa maneira de mirala.

Neste curso, propómonos mirar os libros desde a súa orixe: coñecer o proceso de edición, composición, selección de tipos, papeis, cubertas, encadernacións, revisión de maquetas e difusión… e tamén ás persoas que fan posible este mundo da edición e do deseño. Non só nos libros: o deseño gráfico está en publicidade, prensa, etiquetas, marcas corporativas… e en tantos pequenos detalles da nosa vida diaria.
O cartel que nos ofrece Desescribir é unha porta aberta á creatividade desde a raíz: o alfabeto e as infinitas posibilidades que xorde dunha sinxela pauta.

No CRA de Oroso, sumámoslle deseño ás bibliotecas escolares e convidamos a todo o alumnado a enrolarse nesta viaxe á creatividade. Grazas a Asesoría de Bibliotecas
 Escolares de Galicia https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog/?q=node/1860






Ningún comentario:

Publicar un comentario