Facebook

Recomendacións da páxina do CRA

mércores, 29 de outubro de 2025

Visita á Casa Grande de Xanceda

Visita ecolóxica á Casa Grande de Xanceda 

O alumnado do CRA de Oroso gozou dunha xornada moi especial nun lugar máxico: a granxa ecolóxica da Casa Grande de Xanceda.

Alí descubrimos que ser ecolóxico significa coidar a natureza, respectar os animais e producir alimentos de forma responsable, sen contaminar o planeta. Aprendemos como se elaboran os iogures, a tona, xeados, kafir ou a manteiga partindo sempre de bases naturais e sostibles.

Os nenos e nenas puideron ver de preto o valor de protexer os animais, unha mensaxe que conecta co noso proxecto educativo: Protexe os animais (Proxecta +), no que traballamos a empatía e o respecto cara a todos os seres vivos.

A granxa estaba ademais ambientada no Samaín, e gozamos de actividades cheas de maxia e tradición.

Grazas de corazón a todas as persoas da Casa Grande de Xanceda pola súa acollida, dedicación e por ensinarnos que outro mundo é posible: un mundo onde os animais, as persoas e a natureza conviven en harmonía.




Ningún comentario:

Publicar un comentario