Facebook

Recomendacións da páxina do CRA

domingo, 30 de novembro de 2025

Flocos de millo no CRA de Oroso

 🌽✨ Grazas, Irene! Unha mañá chea de aprendizaxes saborosas no CRA de Oroso ✨🌽

Tivemos un agasallo moi especial: Irene a nai de Mateo, chegou ao aula cunha sorpresa que nos fixo moitísima ilusión… millo para facer flocos! 🍿

Falamos algo moi importante:
🔸 A diferenza entre o millo de estoupar e o millo que adoita cultivarse para os animais.
🔸 Tamén coñecemos o millo doce, o que comemos nas ensaladas ou cocido.
Descubrimos que cada tipo de millo ten unha función, un gusto e unhas propiedades diferentes… e que a natureza é máis variada do que imaxinabamos! 🌾💛

Despois veu a parte máis divertida:
👋 Debullamos o millo coas nosas mans,
🔥 e finalmente preparamos… flocos de millos para toda a clase!
O arrecendo encheu o aula e os nenos e nenas gozaron tanto do proceso como do sabor 😋

Pero esta actividade non quedou só aí:
Co millo como protagonista falamos sobre a importancia dos distintos alimentos na nosa saúde, cales nos axudan a medrar fortes, cales debemos comer con moderación e por que. Unha oportunidade perfecta para conectar coas Ciencias da Natureza e co noso proxecto Voz Natura, reflexionando sobre como as plantas contribúen ao equilibrio do medio ambiente e á biodiversidade na nosa terra, Galicia 🌍💚

🙏 Grazas, Irene, por compartir o teu tempo e este millo tan especial. Pequenos xestos como este fan que a escola medre, que aprendamos en comunidade e que cada día sexa unha nova aventura.



Estimando landras

 🌰✨ Matemáticas con sabor a outono no CRA de Oroso! ✨🌰

Os nenos e nenas puxéronse mans á obra cun reto moi especial: as matemáticas das landras.
Primeiro observaron a cesta chea e… fixeron unha estimación: cantas landras haberá? Cantas poderemos usar para plantar novas árbores? 🌱

Despois comezou o traballo en equipo:
🔸 Ordenámolas segundo o tamaño, a forma e incluso a cor.
🔸 Secuenciámolas para ver patróns e comparar cantidades.
🔸 E finalmente… contámolas unha a unha para comprobar se a nosa estimación era acertada.

O mellor de todo? A sorpresa final 🤩
A estimación inicial era… case perfecta! Entre risas e descubrimentos déronse conta de que as matemáticas están na natureza, nos xogos e no día a día… só hai que abrilos ollos!

Unha actividade sinxela, vivencial e moi poderosa para aprender a estimar, comparar, ordenar e contar ao tempo que coidamos do noso entorno.
Así medra a nosa curiosidade… e tamén o bosque 🌳💚




sábado, 29 de novembro de 2025

Bolboretas no CRA

 Coñecimos de preto a viaxe extraordinaria das bolboretas monarca… e dunha maneira moi especial!

Martín, Marcos e a súa familia trouxeron ao cole unha bolboreta que coidaron dende que era unha eiruga ata converterse en bolboreta, e ademais aínda ten dous calusos máis agardando para nacer! 🐛➡️🦋

Entre toda a rapazada fixemos a súa solta ao aire, un momento cheo de ilusión, aprendizaxe e natureza en estado puro.

Coa súa historia descubrimos como migran as monarcas por miles de quilómetros, e tamén traballamos a simetría na aula:
🎨✨ creamos bolboretas simétricas e aprendemos que a natureza tamén fala en linguaxe matemática.

Un día perfecto para dar voz ao planeta e seguir medrando en curiosidade, respecto e ciencia. 🌍💚




Ciencia no CRA

 ✨🔬 Día de ciencia en Vilacide! 🔬✨

Vivimos unha xornada estupenda na escola de Vilacide grazas á familia de Izan, que preparou para nós un obradoiro científico cheo de descubrimentos e ilusión.

O papá de Izan explicou con moito cariño todos os materiais e experimentos que había nas diferentes mesas… e despois cada neno e nena puxo en marcha o seu propio experimento, seguindo os pasos do método científico como auténticos pequenos e pequenas investigadores! 🧪🧫🧠

Foi unha xornada incrible, moi proveitosa e chea de aprendizaxes significativas. A emoción nas nosas caras dicíao todo: encantounos!

No CRA de Oroso estamos felicísimos de contar con familias tan implicadas, que traen ás aulas o seu saber, o seu tempo e o seu corazón. 🌟
GRAZAS por acompañarnos e por facer escola con nós!





mércores, 26 de novembro de 2025

Talentos especiais a moreas

 


Vaia, vaia... quen o ía dicir... CANTA XENTE CON TALENTOS ÚNICOS!

Xa vimos que na Pingüibiblio saen mil e un talentos diferentes e diversos. Por que sabemos que cada persoa é diferente e grazas a iso o mundo é moi variado, rico e marabilloso.

Os contos que vimos foron os seguintes:





Este conto foi escrito por Anya Damirón . Ela mesma di que aprendeu a escribir contos lendo moito. Se clicas no seu nome podes acceder a súa páxina web. O ilustrador do libro é Pablo Pino o cal fixo obras como...



O outro libro que limos foi: 




Como adiviñástedes os superpoderes!!! Sodes supermarabilloses!!! Este conto foi escrito por  Susanna Isern Iñigo é nai de tres rapaces e leva publicados moitos libros para a infancia. A ilustradora é Rocio Bonilla se queres coñecer a súa obra so tes que clicar no seu nome.










martes, 25 de novembro de 2025

25N CRA de Oroso Día contra a violencia de Xénero.

Coas nosas mans educamos para a igualdade

No CRA de Oroso preparamos unha experiencia moi especial para conmemorar o 25N, inspirada na canción As mans de Pablo Díaz. Cada escola do CRA achega a súa estrofa e o seu estribillo, e entre todas e todos construímos unha mensaxe clara:
coas nosas mans podemos cambiar o mundo e dicir NON á violencia de xénero.

Ademais, cada escola creou unha estrofa nova, dita polas nenas e nenos, buscando solucións para erradicar a violencia dende o respecto e a convivencia.

Tamén comezamos coas mans troqueladas coa cortadora laser que acompañarán o proxecto. Listas para converterse nun símbolo visible do noso compromiso. 

Porque educar na igualdade tamén se fai coas mans: construíndo, creando, acompañando e respectando.


Seguimos facendo mil cousas… coas nosas mans.




luns, 24 de novembro de 2025

O día do talento especial.

 Ola Pingüiamiguetes!!!

Un martes máis temos quedada na biblioteca e conmemoramos o día dos talentos especiais. Seguro que moitas e moitos de vós tedes algún talento oculto, misterioso, maravilloso... que podedes mostrar ao mundo. 

Hai moita xente que pensa que non o ten ningún pero iso non é certo. Só hai que reflexionar, investigar e prepararse para a súa aparición.

Na biblioteca imos ler dous contos moi especiais:


Agora imos coñecer a outros Superminihéroes. Os seus defectos fan que sexan heroes. Queres comecemos? Clica no enlace:





mércores, 19 de novembro de 2025

martes, 18 de novembro de 2025

Pan conductor!

Hoxe na Pingüibiblio fixemos maxia con pan, historias e… electricidade!

O alumnado do CRA de Oroso gozou coa lectura de A panadería de Lucía Belarte e David Lorenzo (Editorial Kalandraka). Un conto que nos lembra que ata nas mellores panaderías pode haber unha tempada mala… pero sempre hai maneira de amañalo . Vimos que os erros son só un paso máis no camiño, e que con cooperación todo se pode recompoñer.

Lucia Belarte nasceu en Ourense e dende pequena encatábanlle as letras e o arte. Estudou Belas Artes e creou libros como O neno peixe ou Quen espertou ao Krakem?

David Lorenzo é un gran ilustrador con libros como...




Despois veu a conversa sobre o pan:
Por que é tan importante na nosa vida? Que ingredientes leva? E… pode a fariña facer ciencia?
Pois claro que si!
Os nenos e nenas elaboraron plasti conductora usando fariña, sal, limón, auga, aceite e colorante. Mesturaron, amasaron, cociñaron… e cando a masa estivo lista comezou o experimento grande:
 Construímos circuitos eléctricos con pilas, cables e LEDs que acenderon grazas ao pensamento das nosas pequenas mentes científicas.
Foi unha tarde para demostrar que na educación infantil e primaria a ciencia é xogo, é descubrimento e é emoción. Así aprendemos no CRA de Oroso: tocando, experimentando e creando mundos cheos de luz.








luns, 17 de novembro de 2025

Martes panceiro

 Ola pingüiamiguetes!!!

Quedamos este martes 18 na Pingüibiblio? Conto con que veñades!!!!

Neste día conmemoraremos o día do pan caseiro.

Imos a ver o interesante mundo do pan e como está implicado na nosa vida cotiá. Parece mentira que un alimento tan sinxelo esté tan presente na nosa cultura.

Pero tamén teremos en conta o día de ter un día malo, que lle pode pasar a calquera. Cantas veces parece que o día no que estamos non se vai acabar e que todo sae mal. Non pasa nada a vida é así.

Queredes ver un par de cousiñas sobre o pan?




mércores, 12 de novembro de 2025

martes, 11 de novembro de 2025

Gran tarde de Pingüibiblio.


 

Ola pingüiamiguetes!!!

Vai día tan xenial. Vístedes que maravillas se poden facer con un simple papel? Parece mentira que sexa tan especial esta labor matemática e creativa. Aqui tedes unhas pequenas recomendacións lectoras e vídeos para crear grandes proxectos:


E como non un conto moi especial:








domingo, 9 de novembro de 2025

Día da Papiroflexia



A Pingüíbiblio énchese de papel e imaxinación!


O vindeiro 11 de novembro celebramos o Día do Origami na nosa biblioteca escolar.


Esta vez festexamos o Día Friki da Papiroflexia, a arte de dobrar papel para crear animais, flores, monstros... e mesmo naves espaciais! 


Durante a actividade:


Exploraremos diferentes tipos de papel —suaves, rugosos, finos, grosos— e descubriremos os seus sons e usos.


Crearemos unhas gafas frikis de papiroflexia para mirar o mundo doutro xeito… con máis cor, fantasía e diversión!


A través do xogo, da experimentación e da creatividade, o alumnado descubrirá que un simple anaco de papel pode converterse en algo marabilloso cando deixamos voar a imaxinación.


Agardámosvos na Pingüíbiblio para dobrar, rir e ver o mundo con novos ollos!


Queredes ver como funciona o origami?. Podedes acudir a este simulador, clicad no enlace.


https://origamisimulator.org/



xoves, 6 de novembro de 2025

mércores, 5 de novembro de 2025

Método científico na Pingüibiblio

Na nosa biblioteca... a ciencia soubo a maxia!

O alumnado este martes converteuse en auténticos pequenos científicos e científicas experimentando co método científico .

Elaboramos hipóteseis e despois…


Descubrimos que pasa cando á Coca-Cola lle botamos leite, sal, azucre ou bicarbonato… As reaccións foron sorprendentes!

Tamén celebrabamos o Día dos Sándwiches. Fixemos un delicioso e colorido sándwich unicornio.
Mesturamos queixo —un alimento poroso— con tintes alimentarios e... voilà! 
Unha crina chea de cores, sabor e ciencia!

Os nenos e nenas gozaron moitísimo, aprenderon experimentando e demostraron que a curiosidade é o primeiro paso para descubrir o mundo 

A ciencia tamén se investiga, se observa e se saborea!
E quen sabe... quizais aquí estean as futuras mentes que cambien o mundo 



luns, 3 de novembro de 2025

Ciencia na Pingüibiblio


Novembro é o mes da ciencia nas bibliotecas escolares de Galicia

Este mes é moi emocionante porque chega un dos momentos máis especiais do ano… o mes da ciencia nas bibliotecas escolares de Galicia! 

A ciencia axúdanos a coñecer o mundo, a facer preguntas e a buscar respostas observando, experimentando e descubrindo cousas novas. Iso é o que chamamos método científico: pensar, probar, comprobar… e volver probar se fai falta! 

É un xeito de aprender que esperta a curiosidade e fainos sentir verdadeiros investigadores e investigadoras.

E sabedes que? Non hai que ser maior para facer ciencia. Dende as idades máis pequenas podemos observar, formular hipóteses, experimentar e descubrir, xogando e aprendendo ao mesmo tempo. 

Este martes na nosa biblioteca teremos unha sesión chea de experimentos científicos, onde poderedes poñer as mans (e o cerebro!) en acción. Será unha xornada divertida, chea de sorpresas e descubrimentos… Non faltedes!

Vémonos entre probetas, cores e risas!






domingo, 2 de novembro de 2025

A voz da avoa Maruxa

A voz da avoa Maruxa soou con forza no CRA de Oroso o pasado 30 de outubro da man de @2pingasmusicais, traéndonos recordos das cantareiras da nosa terra galega e facendo vibrar o corazón de pequenos e maiores. 

Queremos agradecer de todo corazón á ANPA Reviravoltas pola súa implicación e apoio constante . Grazas por facer posible experiencias tan fermosas coma esta, que unen música, emoción e tradición.

As familias sodes o motor que fai medrar o noso CRA . A vosa enerxía, colaboración e agarimo fan que cada proxecto sexa máis grande, máis humano e máis noso. 

Xuntas e xuntos somos comunidade, somos forza, somos futuro.
Grazas por estar sempre aí 



Magosto

Festa do magosto no CRA de Oroso!

O noso magosto encheuse de música, cor e sorrisos grazas á marabillosa actuación de @2pingasmusicais, que volveron facernos vibrar coa súa maxia musical e coa lembranza das cantareiras da nosa terra .

Un agradecemento enorme e cheo de cariño á ANPA Reviravoltas, que unha vez máis fixo posible esta experiencia tan especial.

Despois da actuación, o alumnado gozou dunha xornada chea de xogos populares e tradicionais galegos, cheos de desafíos, risos e amizade . 

A continuación comemos unhas deliciosas castañas asadas acompañadas de chourizos, froita de temporada… E rematamos con unha explosión de alegría que puxo o broche perfecto a un día inesquecible!

Grazas a todas as familias por estar sempre aí, por participar, por compartir e por facer do CRA de Oroso unha auténtica comunidade educativa chea de vida e ilusión 

Xuntas e xuntos facemos escola, facemos futuro! 





Abrindo o Calacú

 🎃✨ Os nenos e nenas do CRA de Oroso na escola de Senra encheron de maxia a aula!  Tallaron os seus propios calacús e pasárono de medo. Cada corte, cada man pringosa, cada sorriso e cada sementa sacada lévanos a lembrar a importancia de celebrar o Samain, unha tradición que nos conecta coas nosas raíces e que debemos coidar e conservar.

🕯️ Recuperar estas tradicións é aprender xogando, compartindo e gozando xuntos e xuntas, tal e como fixemos!

Estás preparando o teu calacú para celebrar o Samain? 🎃