Hoxe na Pingüibiblio fixemos maxia con pan, historias e… electricidade!
O alumnado do CRA de Oroso gozou coa lectura de A panadería de Lucía Belarte e David Lorenzo (Editorial Kalandraka). Un conto que nos lembra que ata nas mellores panaderías pode haber unha tempada mala… pero sempre hai maneira de amañalo . Vimos que os erros son só un paso máis no camiño, e que con cooperación todo se pode recompoñer.Lucia Belarte nasceu en Ourense e dende pequena encatábanlle as letras e o arte. Estudou Belas Artes e creou libros como O neno peixe ou Quen espertou ao Krakem?
David Lorenzo é un gran ilustrador con libros como...
Despois veu a conversa sobre o pan: Por que é tan importante na nosa vida? Que ingredientes leva? E… pode a fariña facer ciencia? Pois claro que si!
Os nenos e nenas elaboraron plasti conductora usando fariña, sal, limón, auga, aceite e colorante. Mesturaron, amasaron, cociñaron… e cando a masa estivo lista comezou o experimento grande: Construímos circuitos eléctricos con pilas, cables e LEDs que acenderon grazas ao pensamento das nosas pequenas mentes científicas.
Foi unha tarde para demostrar que na educación infantil e primaria a ciencia é xogo, é descubrimento e é emoción. Así aprendemos no CRA de Oroso: tocando, experimentando e creando mundos cheos de luz.

Ningún comentario:
Publicar un comentario