10 de decembro – Día dos Dereitos Humáns
No CRA de Oroso celebramos unha data esencial para comprender quen somos como sociedade e cara onde queremos avanzar: un mundo no que a igualdade, a liberdade e a solidariedade sexan realidades para todas as persoas.
Ao longo destes días, nas diferentes escolas do CRA o alumnado investigou e reflexionou sobre que son os Dereitos Humáns, por que se crearon e quen os elaborou, entendendo que cada dereito vai sempre acompañado dun deber que nos compromete individual e colectivamente.
A través da lectura, da escritura e do acceso á información, traballamos con slogans e carteis como formato expresivo, favorecendo que nenos e nenas recoñezan a importancia de defender estes principios universais dende idades temperás. Cada escola elaborou os seus propios mensaxes, claros e firmes, sobre o valor da dignidade humana.
O resultado deste traballo conxunto é unha gran exposición dixital, un vídeo informativo que recolle a creatividade, o pensamento crítico e o compromiso de todo o noso alumnado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario