Este martes pola tarde… na nosa biblioteca imos celebrar o Día dos Dados!
Prepárate para unha sesión onde os xogos, o azar e as matemáticas se dan a man para facernos aprender mentres nos divertimos.
Coa axuda dos libros Ler e xogar polo mundo e Minixogos para compartir, mergullarémonos nun universo cheo de posibilidades:
- números
- cores
- formas
- sentimentos
…e moito máis!
Os dados axúdannos a pensar, a crear estratexias, a expresarnos e, sobre todo, a gozar xogando en equipo. Ademais, terás ao teu alcance un montón de xogos de mesa para compartir con compañeiros e compañeiras.
Vés descubrir como un pequeno dado pode abrir un mundo enteiro de aprendizaxes?
Non o perdas! A biblioteca estará chea de sorpresas, risas e retos para todas as idades.
Unha cousiña máis. Xa sei que chega o nadal seguro que quereres ir abrindo boca. Aquí vos deixo un enlace a una calendario diferente: https://view.genially.com/6916ee37bc6d5ea15936b8bb
Clicade para saber máis.


Ningún comentario:
Publicar un comentario