Xogamos, construímos… e pensamos en matemáticas!
No CRA de Oroso estivemos formando parellas numéricas e buscando os nosos tríos numéricos para chegar ao 10, creando tamén conxuntos de catro números que suman 10. Todo isto de forma manipulativa e divertida cos nosos números Sumblox.
Pero non só iso: tamén construímos torres en equilibrio, ordenando pezas segundo a súa numeración para sumar, restar e comprobar resultados mentres exploramos o espazo.
Cada actividade axúdanos a entender que as matemáticas están vivas, que forman parte da nosa contorna e que o espazo que nos rodea pode converterse nun laboratorio perfecto para descubrir relacións, operacións e patróns.
Así, a través do xogo, o alumnado comprende que pensar matematicamente é construír, organizar, comparar, equilibrar e descubrir o mundo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario