No CRA de Oroso… manda o Meco!
O Meco xa falou… e aquí ninguén se libra dos seus mandados!
No CRA de Oroso, os nenos e nenas puxéronse mans á obra para vestir a Lolo, o esqueleto máis moderno e festeiro do cole, traendo pezas de roupa, complementos e moita imaxinación.
Cada día, un novo mandado do Meco e un complemento máis que se vai sumando…
risas, ilusión e moitas ganas de Entroido ata chegar ao día máis esperado:
o festival do CRA de Oroso
Este ano a temática é pura maxia:
magos, trasnos, adiviñas das estrelas e penómenos máxicos nados na natureza encherán o festival de cor, soños e fantasía.
Acompañamos esta publicación cun vídeo en IA do Meco movendo os seus osos (porque no CRA de Oroso a tradición tamén se reinventa ) e con imaxes de como Lolo foi collendo estilo grazas ao noso alumnado.
Porque no CRA de Oroso aprendemos xogando, rindo e creando comunidade.
Un centro rural innovador, actual e próximo ás familias,
onde cada neno e cada nena importa.
Se buscas unha escola con corazón, ilusión e futuro… aquí agardámoste.
Ningún comentario:
Publicar un comentario