Facebook

Recomendacións da páxina do CRA

domingo, 22 de febreiro de 2026

Un pequeno gran agradecemento que vai de camiño…

Dende o noso cole queremos compartir unha nova moi especial con todas as persoas do Fogar Residencial Porto Vieira.
Moi pronto recibiredes un agasallo moi especial, creado con todo o cariño, que poderedes descubrir a través dun código QR.

Durante o Entroido regalástesnos algo único: a vosa creatividade, a vosa ilusión e o voso tempo, elaborando as vosas propias máscaras a partir das nosas.
Un xesto cheo de valor que nos lembra que as persoas maiores sodes imprescindibles na nosa vida diaria, na educación, na cultura e no corazón da nosa comunidade .

Este pequeno detalle quere ser un GRAZAS enorme, por ensinarnos que compartir, crear xuntos e xuntas e coidarnos uns a outros fai unha sociedade máis humana, máis xusta e máis feliz .

Queremos tamén agradecer de corazón a todas as familias que xa forman parte do noso cole e convidar ás familias presentes e futuras a achegarse, coñecernos, descubrir todo o que facemos e comprobar o marabilloso que é medrar xuntos e xuntas nunha escola aberta, próxima e chea de valores.

As portas do noso colexio están sempre abertas, porque cremos nunha educación con raíces, con afectos… e con persoas tan especiais coma vós.

Grazas de corazón Seguimos camiñando.




Ningún comentario:

Publicar un comentario