No CRA de Oroso celebramos o Día Internacional da Muller cun proxecto moi especial: “Senlleiras Deportistas”, unha proposta de Aprendizaxe Servizo (ApS) coa que o noso alumnado investigou, descubriu e puxo en valor a traxectoria de grandes deportistas galegas.
Nas aulas coñecemos historias de superación, esforzo e talento de mulleres como Sara Gacio Cendal, Valeria Batire Guridi, Vicky Alonso, Teresa Abelleira, Adiaratou Iglesias, Teresa Portela, Judith Rodríguez e Susana Rodríguez. Mulleres que, desde diferentes disciplinas deportivas, acadaron grandes logros e se converteron en referentes para as novas xeracións.
O alumnado elaborou pósteres sobre deportistas galegas de distintas localidades, co obxectivo de dar a coñecer as súas carreiras e visibilizar o papel das mulleres no deporte.
Ademais, analizamos novas sobre deporte feminino, reflexionando sobre a realidade das mulleres deportistas e valorando as súas traxectorias profesionais máis alá das medallas e competicións.
Moi pronto poderedes ver os pósteres nunha exposición nas escolas do CRA.
Mentres tanto, xa podedes descubrir as novas elaboradas polo alumnado nesta páxina:
https://sites.google.com/view/senlleirasdeportistas/senlleiras-deportistas?authuser=0
Animádevos a entrar na ligazón e ler o traballo do noso alumnado!
Porque educar tamén é crear referentes, abrir camiños e dar visibilidade ás mulleres que inspiran.
Ningún comentario:
Publicar un comentario