Ola colegas!!!
Como ben sabedes o martes fumos a biblio darlle duro a lectura.
Para máis sorpresa, houbo dous contos diferentes.
O primeiro deles chegou as miñas mans por casualidade. O orixe é unha biblioteca pública que se atopa en Santiago de Compostela e chámase Anxel Casal. Tedes que visitala é enorme e ten cousas maravillosas. Pero se é moi lonxe, no propio Concello temos unha fabulosa. A Biblioteca Municipal, que está ubicada xusto no Centro Cultural Fernando Casas de Novoa. (clicade nos nomes e veredes).
Como ía dicindo, este libro tan espacial chámase: Pepper e Poe. Está escrito e ilustrado por Frann Preston - Gannon. Aquí queda unha pequena curta:
Despois seguimos co conto: O cazo de Lourenzo. Onde vimos que a vida non é fácil para todo o mundo, pero si podemos dar unha man a quen o precisa facilitarémoslla un pouco. Este libro foi escrito por Isabelle Carrier. Rememoramos o día adicado as persoas con discapacidade.
O final da sesión, decidimos adicar o Nadal un tempo e participamos no baile. Para chegar as paxoliñas fixémolo mediante os códigos QR do noso cancioneiro. Moi ben o pasamos. Podes descargar dito material na página web da escola. (Na sección de biblioteca ide a recomendacións).
Ningún comentario:
Publicar un comentario