Amiguiñ@s non me podedes faiar!!!
Xa remata este primeiro trimestre e temos que facelo cunha gran festa na biblioteca.
O conto que vai aparecer é totalmente navideño e ademais un clásico que algunha e algún lle soará. Pero sempre está ben recordar vellos tempos, non?
Espero que sexades moi boas e moi bos, porque pronto chegarán polas portas persoas que traen agasallos. Xa sabedes que o que non faga as cousas o xeito queda sen nada ou con unha chea de carbón para facer churrasco.
Deixo na página do CRA as recomendacións para ler nestas datas, pedide algún conto, cd de música, dvd de películas, tarxeta de descarga musical, bibliográfica ou audiovisual... que non todo vai ser morriñada.
Para ir abrindo boca vou poñer un pequeno video dun ser típico de Galicia, que agasalla a quen ten chea a barriga. Sabades quen é: O APALPADOR!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario