Facebook

Recomendacións da páxina do CRA

mércores, 29 de outubro de 2025

Visita á Casa Grande de Xanceda

Visita ecolóxica á Casa Grande de Xanceda 

O alumnado do CRA de Oroso gozou dunha xornada moi especial nun lugar máxico: a granxa ecolóxica da Casa Grande de Xanceda.

Alí descubrimos que ser ecolóxico significa coidar a natureza, respectar os animais e producir alimentos de forma responsable, sen contaminar o planeta. Aprendemos como se elaboran os iogures, a tona, xeados, kafir ou a manteiga partindo sempre de bases naturais e sostibles.

Os nenos e nenas puideron ver de preto o valor de protexer os animais, unha mensaxe que conecta co noso proxecto educativo: Protexe os animais (Proxecta +), no que traballamos a empatía e o respecto cara a todos os seres vivos.

A granxa estaba ademais ambientada no Samaín, e gozamos de actividades cheas de maxia e tradición.

Grazas de corazón a todas as persoas da Casa Grande de Xanceda pola súa acollida, dedicación e por ensinarnos que outro mundo é posible: un mundo onde os animais, as persoas e a natureza conviven en harmonía.




Estás ahí, monstro?

 Ola amigüis!


Este martes foi un día terrorífico. Descubrimos un conto moi interesante:


Neste conto hai que traballar coas mans e metelas nos sitios máis extranos do mundo. Que arrepios! Que noxo!

Este libro foi escrito por varias persoas pero ilustrado por Steve Cox . Se clicades no nome podedes visitar a súa páxina web. Este libro ten un compañeiro que se chama...


Sempre estás a tempo de mércalo ou collelo nunha biblioteca. Seguro que é superinteresante.

Para as persoas que non poisastes vir a Pingüibiblio sempre podedes ver o conto neste vídeo: 







luns, 27 de outubro de 2025

Grazas

 🎃✨ Que sorpresa tan deliciosa! ✨🎃

Hoxe queremos dar as grazas á familia de Mateo por traernos á escola un postre de Samaín espectacular 🎂🕸️.
Encántanos! 😋 Estamos felices e con moita ledicia por recibir tan grande agasallo 💕.
Así dá gusto celebrar este Samaín tan especial 🧙‍♀️🍂🎃

👉 Desexámosvos a todas e todos un bo Samaín cheo de maxia, risas e ilusión! 🌕🦇💫


domingo, 26 de outubro de 2025

Saída escolar: Samaín en Xanceda

O Samaín lévanos ata... XANCEDA!

Este martes 28 de outubro, o alumnado do CRA de Oroso vivirá unha xornada máxica e chea de aprendizaxes na Casa Grande de Xanceda 

Alí coñeceremos de preto o labor que realizan, exploraremos as súas instalacións e gozaremos dun Samaín moi especial entre vacas, natureza e moita diversión! 

Horario: de 09:30 a 14:30
Lembrade traer roupa e calzado axeitado para pasar o día estupendo!

Preparádevos para a emoción… porque esta excursión promete momentos inesquecibles! 




Martes de Samaín

 Este martes 28 de outubro... a nosa biblioteca escolar converterase nun lugar máxico!

Imos mergullarnos na historia “Estás ahí, monstro?” (Editorial Bruño) para descubrir que os medos non sempre son tan terribles como parecen
A veces agochan cousas boas: aprendizaxes, risas e novos camiños para coñecernos mellor 


No Samaín, os monstros saen das historias, pero nós imos miralos con ollos valentes e corazóns curiosos.


Queremos que todos e todas veñades felices, valentes e con ganas de explorar o mundo dos medos… porque cando se comparten, desaparecen un pouquiño.

Martes 28 de outubro


Biblioteca escolar do CRA de Oroso


Acompáñanos nesta sesión chea de emocións, contos e sorrisos.





sábado, 25 de outubro de 2025

Experiencias de Samaín

 Samaín máxico no CRA de Oroso!

Algo misterioso aconteceu na escola de Vilacide… A aula enchéuse de sombras danzantes, risas, luces titilantes e moita creatividade! 

Zoe coa súa mamá Laura, trouxo connosco o espírito do Samaín para crear un obradoiro cheo de maxia e imaxinación: seres que aparecen da nada, pequenas criaturas que se moven entre o papel e o lume das cabazas… 

Entre pinceis, bridas e risas, transformamos o espazo escolar nun auténtico laboratorio artístico onde o misterio e a arte camiñaron da man.

Grazas infinitas á familia de Zoe pola súa implicación, tempo e ilusión. Cada colaboración das familias do CRA de Oroso fai medrar o noso proxecto educativo e axuda a construír un futuro no que escola e comunidade camiñan xuntas. 





venres, 24 de outubro de 2025

Día das bibliotecas 2025

 Hoxe celebramos o Día das Bibliotecas, un día moi especial para lembrar o importante que é buscar e compartir a verdade.


Vivimos nun mundo cheo de pantallas, mensaxes e vídeos… ¡e ás veces o que vemos ou escoitamos non é certo! Iso chámase desinformación.

Por iso existen as bibliotecas: lugares cheos de libros, contos, persoas e ideas que nos axudan a descubrir o que é verdade e o que non.
Nas bibliotecas, aprendemos a pensar, preguntar e comprobar.
Porque non todo o que aparece en internet ou nas redes é real… pero os libros e as bibliotecarias e bibliotecarios están aí para axudarnos a buscar ben a información.

As bibliotecas son como fariños de luz no medio dun mar cheo de datos.
Ensínannos a non crer todo o que vemos, a buscar fontes seguras e, sobre todo, a ser curiosos e críticos.

Na nosa biblioteca escolar, cada nena e neno pode aprender a pensar polo seu conto, a preguntar antes de crer, e a compartir só o que é certo e útil.
Así, facemos un mundo con máis verdade e menos confusión. 

Porque saber é poder, e nas bibliotecas atopamos a mellor maneira de aprender con verdade.






martes, 21 de outubro de 2025

Que martes tan botoneiro!!!

 Ola pingüicolegas!!!

Este martes foi unha experiencia maravillosa. Co conto "Un puñado de botóns" de Carmen Parets Luque vimos os diferentes tipos de familias que podemos atopar nas nosas vidas. 



Cada unha é distinta, pero todas teñen algo en común: quérese moito.

Hai familias con unha nai e un pai, outras con só unha nai ou só un pai. Tamén hai familias con dúas nais ou dous pais. Algunhas están formadas por avós e netos, e outras por nais ou pais que adoptan. E o mundo e tan diferente que ata hai persoas que non teñen familia ou que a súa familia son os seus amigos, amigas, veciños, vacinas...

O libro ensínanos que non importa como sexa unha familia, sexa grande ou pequena, se vive xunta ou separada. O importante é que en todas hai amor, agarimo e respecto.

Carmen Parets Luque é unha escritora mallorquina que escribe contos de literatura infantil relacionados con valores moi importantes para a infancia e todas as personas que nos rodean.


Entre os seus contos podedes descubrir os seguintes:


Por se alguén perdeu o conto pode velo...













luns, 20 de outubro de 2025

Pero... pódese saber cantas hai?

 📏🌰 “Pero... pódese saber cantas hai?” 🌰📏

No patio do CRA de Oroso, as follas do outono agochan un misterio matemático: as castañas! 😄
O noso alumnado puxo en marcha o seu chip investigador 🕵️‍♀️🧮 para estimar, contar, agrupar e calcular...
Sumaron, restaron, fixeron hipóteses e comprobaron resultados ata descubrir o número máxico de castañas!

💭 Porque as mates tamén se viven coas mans, coa natureza e coa curiosidade de quen pregunta:
👉 “E ti... como o calcularías?”

Unha aventura matemática chea de aprendizaxe, risas e moita... moita castaña! 🌰💡




sábado, 18 de outubro de 2025

Adianto visual!!!

  Na Pingüí xa temos un avance preparado! 

O 21 de outubro celebramos unha sesión de animación á lectura moi especial coa historia de “Un puñado de botones”de Carmen Parets Luque, un conto que nos invita a mirar as familias con outros ollos, cheos de respecto, tenrura e diversidade.

E coincidindo co Día Internacional de Contar os teus Botóns, queremos abrir o caixón das emocións e descubrir que cada botón —como cada familia— é diferente, pero todos teñen un lugar importante no gran abrigo da vida.

Ven á Pingüíbiblio, comparte, sorrí e deixa que cada botón conte a súa historia.
Porque xuntos facemos un mundo máis bonito, máis diverso e máis noso 

Non perdas este adianto tan especial...






venres, 17 de outubro de 2025

O día de contar os teus botóns


Quedada lectora na Pingüí!
 

O vindeiro 21 de outubro conmemoramos o día de contar os teus botóns na nosa querida Pingüibiblio e mergullarémonos nun conto cheo de emocións e aprendizaxes:
“Un puñado de botones” de Carmen Parets Luque. 

A través das súas páxinas descubriremos que hai moitas formas de ser familia, tantas como botóns hai no mundo . Porque cada familia é única, e todas son importantes, necesarias e fermosas.

Unha sesión para mirar o mundo con ollos máis abertos, máis respectuosos e máis felices, celebrando a diversidade e a inclusión que nos fan medrar como persoas e como comunidade.





Conteo outonal

 Castañas que contan, aprendizaxes que medran 

No CRA de Oroso, o outono chegou cheo de curiosidade e matemáticas vivas
As nenas e os nenos saíron ao patio e ao monte a recoller tesouros de outono: follas, landras, piñas… e moitas, moitísimas castañas

Con elas fixemos unha actividade máxica: contámolas ata chegar ao 100, enchendo un gran panel de números 


O resultado? Un festival de ilusión, risas e descubrimentos. Porque as matemáticas tamén se aprenden xogando, manipulando e observando o mundo que nos rodea 

Así é a nova mirada da matemática no noso CRA: aprender contando o que a natureza nos regala 



xoves, 16 de outubro de 2025

O Grufalo

Un día de teatro e fantasía. Galicreques 2025.

Hoxe 16 de outubro, os nenos e nenas do CRA de Oroso vivimos unha mañá máxica coa obra “O Grúfalo”, baseada no conto de Julia Donaldson e ilustrado por Axel Scheffler

A través da voz e a arte de Carmen Domech, gozamos dunha posta en escena chea de humor, ritmo e emocións. Ademais do Grúfalo, deixámonos levar por dúas historias máis, co teatro amishibai  e con un conto dunha carapuchiña moi feroz, que nos fixeron rir, sorprendernos e soñar. 

Foi unha experiencia teatral marabillosa, chea de aprendizaxes e maxia.


Grazas, Carmen, por facernos vivir o mundo titiriteiro tan preto e con tanta ilusión!




martes, 14 de outubro de 2025

O grúfalo. Galicreques 2025.

 O CRA de Oroso vai aos títeres! 


16 de outubro


O noso alumnado vai desfrutar dunha experiencia máxica: O Grúfalo, un espectáculo de monicreques a cargo de Carmen Domech, dentro do festival internacional Galicreques de Santiago de Compostela. 

No fondo do bosque, un ratiño pequeno pero moi enxeñoso enfróntase a un raposo, un moucho e unha serpe … todos con fame de ratiño!


Coa súa astucia, crea un monstro imaxinario para sobrevivir…


Ata que o Grúfalo aparece de verdade, con ganas de facer unha merendiña!

Humor, intelixencia, valentía e moita fantasía danse cita neste espectáculo baseado no clásico de Julia Donaldson e nas ilustracións de Axel Scheffler.

Unha historia que nos ensina que, mesmo sendo pequenos, podemos ser grandes cando confiamos en nós mesmos.

Estamos emocionados por formar parte desta aventura teatral que esperta emocións, risas e ilusión!







Día da Costura na Pingüibiblio

Día da Costura na Pingüibiblio!

Nesta ocasión puxemos fío á creatividade 


Celebramos o 14 de outubro o Día da Costura reivindicando esta arte tan importante na vida cotiá… e tamén no mundo! 


O noso alumnado converteuse en pequenos e pequenas costureiras, “cosendo follas” de outono, lembrando que cada puntada une aprendizaxe, paciencia e moito agarimo 


Agora que o outono chega de verdade e as follas comezan a caer, deixamos voar a nosa imaxinación neste deseño de follas cosidas como símbolo de creatividade, tradición e natureza 


Porque na Pingüibiblio… tamén aprendemos a coser historias! 



Ademais tamén debedes saber que a costura non é só unha arte, é parte da nosa vida diaria! Desde arranxar un botón ata crear pezas únicas, aprender a coser conéctanos coa creatividade, a paciencia e a historia das nosas familias. 

Para os nosos peques, traémosvos ideas divertidas

Recomendacións lectoras:

Xogos e actividades:


Pequenos e grandes, hoxe convidámosvos a descubrir que a costura non é só coser, senón crear historias, coidar o que temos e gozar aprendendo xuntos.








luns, 13 de outubro de 2025

O deseño

Un curso máis, no CRA de Oroso e da man das Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia, abrimos a porta á creatividade nas bibliotecas escolares… e desta volta, a través do deseño!

O deseño acompaña desde sempre a comunicación escrita: tipografías, logotipos, páxinas que nos contan historias de xeito impactante ou sutil. Desde a orixe da escritura ata as ferramentas dixitais de hoxe, o deseño gráfico segue a transformar a información e a nosa maneira de mirala.

Neste curso, propómonos mirar os libros desde a súa orixe: coñecer o proceso de edición, composición, selección de tipos, papeis, cubertas, encadernacións, revisión de maquetas e difusión… e tamén ás persoas que fan posible este mundo da edición e do deseño. Non só nos libros: o deseño gráfico está en publicidade, prensa, etiquetas, marcas corporativas… e en tantos pequenos detalles da nosa vida diaria.
O cartel que nos ofrece Desescribir é unha porta aberta á creatividade desde a raíz: o alfabeto e as infinitas posibilidades que xorde dunha sinxela pauta.

No CRA de Oroso, sumámoslle deseño ás bibliotecas escolares e convidamos a todo o alumnado a enrolarse nesta viaxe á creatividade. Grazas a Asesoría de Bibliotecas
 Escolares de Galicia https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog/?q=node/1860






domingo, 12 de outubro de 2025


Na Pingüibiblio o 14 de outubro celébrase o Día Mundial da Costura, unha xornada para recoñecer e valorar un oficio antigo, fundamental na historia da humanidade. 

É difícil determinar con exactitude a súa orixe, pero a costura, como arte de confeccionar e crear pezas para o uso diario, acompaña ás persoas desde hai séculos. Trátase dun traballo que require paciencia, habilidade, precisión e, sobre todo, dedicación.

Historicamente, a costura foi un oficio maioritariamente feminino. 

Moitas mulleres, especialmente as de recursos máis modestos, confeccionaban as súas propias prendas e os artigos do fogar, non só como forma de expresión e creatividade, senón tamén como medio de subsistencia. 

Coa chegada da Revolución Industrial, a situación cambiou: moitas mulleres pasaron a traballar en fábricas, sometidas a xornadas esgotadoras, a condicións laborais duras e a exposición a produtos químicos e tinturas que causaban enfermidades circulatorias e respiratorias. 

As loitas e protestas femininas déronlle ao oficio un cambio significativo, xerando melloras tecnolóxicas e industriais que melloraron a súa práctica e recoñecemento.

A costura non é só un oficio: tamén é arte

Tal como consideramos valiosas as pinturas, esculturas, figuras arquitectónicas ou instalacións, o traballo sobre tecidos e novos deseños tamén ten un valor artístico indiscutible. Exemplos de arte relacionadas coa costura son obras como as Carmen Castañeda (https://carmenmcastaneda.com/index.html) a cal cose as súas obras a man. Ademais, os achados arqueolóxicos revelan a evolución da moda e das técnicas de confección, permitindo coñecer mellor as civilizacións pasadas.

En Galicia, a costura tamén adopta formas tradicionais que merecen especial atención. As palilleiras, por exemplo, representan unha manifestación cultural única. Este oficio, centrado na elaboración de encaixes a través de pequenos fíos e coa axuda das palletas, combina delicadeza, paciencia e creatividade. A súa orixe remóntase á Idade Media, e hoxe en día continúa transmitíndose de xeración en xeración, sendo un símbolo da identidade e do patrimonio cultural galego. A importancia das palilleiras non só reside na técnica, senón tamén na súa capacidade de crear pezas de gran valor artístico e económico, mantendo vivas tradicións que son un reflexo do saber facer feminino. Para saber máis recomendamovos ir ao museo do encaixe de Camariñas (http://www.mecam.net/info.php?id=54&idioma=es&sec=15)



Por todo isto, celebrar o Día da Costura significa recoñecer a paixón, o tempo, a dedicación e a valentía que este oficio esixe. E tamén valorar que a creación sobre tecidos, os deseños innovadores e a tradición artesanal teñen tanto valor artístico e cultural como calquera outra obra de arte. En definitiva, a costura é historia, identidade e arte en movemento.

Aqui tedes un pequeno conto en alemán sobre a costura:




 

mércores, 8 de outubro de 2025

7 persoas con bombín

 Ola pingüicolegas!




Comezamos este martes conmemorando o Día dos Calvos. Porque este ano imos celebrar días especiais na nosa biblioteca. 

O conto escollido foi o seguinte: 

Este libro foi escrito por Alex Nogués  un autor Barcelonés que escribe contos como: Una masía, Tan sencillo, Parco... 

E ilustrouno Silvia Cabestany que fixo outros libros como...



Pero sabedes por que se escolles este conto para representar as persoas calvas?

En España ao bombín chamábase tapacalvas. Din que todo saiu a partir do creador de cómic Francico Ibañez. Seguro que concedes moita da súa obra: Rue do Percebe, o botóns Sacarino... Pero unha hai unha obra supercoñecida: Mortadelo e Filemón.


Cando Mortadelo debuxado nos seus primeiros tempos levaba sempre consigo un bombín e un paraguas negro. Decían que lle axudaba nos seus disfraces e ademais lle tapaba a súa tremenda calva. Por que como vedes Filemón tiña tres pelos.





Para que coñezades un pouco máis estes personaxes aquí vos deixo un pequeno vídeo: