Facebook

Recomendacións da páxina do CRA

venres, 30 de xaneiro de 2026

30 de xaneiro | Día da Paz e da Non Violencia no CRA de Oroso

 No CRA de Oroso celebramos a Paz creándoa, sentíndoa e compartíndoa.

Este 30 de xaneiro convertimos as nosas aulas en auténticos laboratorios de emocións, palabras e ilusión, cunha proposta innovadora, creativa e chea de maxia: A Pócema da Paz.

A través da poesía, o noso alumnado mergullouse nun proceso de reflexión, expresión e creación. Traballamos versos libres nacidos da súa imaxinación e tamén poesías elaboradas polo propio profesorado do centro, pensadas con agarimo para sementar valores de respecto, convivencia, amizade e esperanza.

Cada palabra foi escrita con coidado en pergamiños, converténdose en mensaxes de paz únicas, que viaxaron xunto coa Pócima da Paz para seguir espallando boas enerxías máis alá da escola.

Porque no CRA de Oroso educamos desde o corazón, apostando por metodoloxías activas, artísticas e emocionais que dan voz á infancia e fan da aprendizaxe unha experiencia significativa e inesquecible.

Este vídeo recolle todo o vivido, acompañado da canción “Hoxe toca ser feliz” do Mago de Oz, porque cremos firmemente que educar para a paz tamén é educar para a felicidade.

No CRA de Oroso somos comunidade, somos creatividade, somos innovación…
e, sobre todo, somos unha escola onde medrar en paz.







Ningún comentario:

Publicar un comentario