Facebook

Recomendacións da páxina do CRA

sábado, 14 de febreiro de 2026

O mago Paco!


 No Festival de Entroido, vivimos un momento simplemente… máxico. Grazas á actuación do Mago Paco, que nos fixo soñar, rir e sorprendernos co fascinante mundo da maxia.

Esta marabillosa actuación forma parte do noso programa escolar de lectura e familias, no que este curso estamos a mergullarnos no universo da maxia como fío condutor da aprendizaxe . Un proxecto no que as familias están integradas, formando parte activa da vida do centro e compartindo experiencias inesquecibles co alumnado.

Nenas, nenos, profes e familias gozamos dunha sesión chea de ilusión, participación e alegría. O Mago Paco conquistou a todo o público, demostrando que a maxia tamén educa, une e fai comunidade.

Grazas a todas as familias por asistir, participar e acompañarnos nun día tan especial. Sen vós, nada disto sería posible.

Se queres ver como se vive a escola rural hoxe, achegáte a coñecer o noso centro, o CRA de Oroso: unha escola viva, innovadora e chea de ilusión.

Temos nova ANPA!!!

 Grazas, Reviravoltas 

Desde o CRA de Oroso queremos expresar o noso máis sincero agradecemento á ANPA Reviravoltas, que colaborou de maneira activa, xenerosa e ilusionante no Festival de Entroido celebrado o venres 13 de febreiro.

Grazas ao seu compromiso, á axuda constante ao profesorado e ao alumnado, e á implicación real na organización da festa, vivimos un Entroido cheo de alegría, convivencia e comunidade. Un momento moi especial foi o peche do festival, cando todas as familias fomos convidadas a un delicioso chocolate quente, acompañado das filloas, orellas, flores, biscoitos… achegados de maneira totalmente desinteresada polas familias. Tradición, agarimo e traballo en equipo 

Esta ANPA é nova, renovada e con novos membros, e queremos que saibades que podedes sentirvos fondamente orgullosas e orgullosos. Co voso impulso demostrades que, grazas ás familias, o CRA segue sendo un centro vivo, que medra, innova e mira ao futuro con forza 

Aproveitamos tamén para invitar ás futuras familias que estean a pensar en formar parte do noso centro a que veñan coñecernos. É unha oportunidade única para descubrir como é hoxe a escola rural: próxima, actual, innovadora e chea de oportunidades.

Grazas por estar, por sumar e por facer comunidade.




venres, 13 de febreiro de 2026

No CRA de Oroso… a maxia tamén se constrúe coas mans!

No CRA de Oroso… a maxia tamén se constrúe coas mans! 

No noso Entroido Máxico, os traxes non veñen feitos: nacen das ideas, das mans e da ilusión do noso alumnado e mestras.

Nenos e nenas están a crear os seus propios traxes empregando tesoiras, cartón, teas, cordas, pinturas, pegamento, regras… materiais diversos que manexan con coidado, autonomía e moita creatividade. Porque cando confiamos neles e nelas, son capaces de facelo todo… e facelo moi ben! 

Entre risas e probas tamén aparecen as matemáticas: contamos, medimos, comparamos tamaños, recoñecemos formas, facemos series e patróns… todo isto integrado nunha aprendizaxe lúdica, manipulativa e real 

E como cada neno e cada nena é diferente, traballamos desde unha mirada de atención á diversidade, onde os retos, os xogos, a lectura visual e a experimentación permiten que cada quen aprenda ao seu ritmo, sentíndose capaz e protagonista.

Este vídeo é unha mostra de que a pedagoxía pode ser divertida, innovadora e fantástica, e de que a autonomía tamén se aprende… facendo.

No Entroido do CRA de Oroso non só nos disfrazamos: aprendemos, creamos e medramos.



xoves, 12 de febreiro de 2026

Xa chegou o Entroido Máxico ao CRA de Oroso!

 Xa chegou o Entroido Máxico ao CRA de Oroso! 

Entroido, Entroidiño,
mira que vés divertido,
traes maxia no sombreiro
e risas para o camiño…


A nosa mascota Pingüí xa anda a bailar, a gozar e a preparar o escenario máis máxico do mundo mundial.
Nun vídeo moi especial cóntanos que aquí vai haber feitiños bos, maxia da natureza, da música, da amizade e da imaxinación.


Chamamos a todas as familias e á veciñanza que poida do concello de Oroso:
vinde vernos, coñecernos, aplaudide forte, cantade, participade e traede moitas ganas de festa
Que no Entroido… quen non ri, perde a maxia! 


Que non quede ninguén quieto,
nin pequeno nin maior,
que o Entroido do CRA
faise con palmas e con amor!
 


Música, baile, disfraces e ledicia compartida
Un Entroido Máxico para desfrutar en familia




mércores, 11 de febreiro de 2026

martes, 10 de febreiro de 2026

Formación que transforma, profesorado que avanza.

Esta tarde, o profesorado do CRA de Oroso participou nunha enriquecedora acción formativa da man de Cristina Barros Guertón, coordinadora en activo de Polos Creativos, quen nos achegou ao manexo da Silhouette Cameo 5 e ás múltiples posibilidades didácticas que ofrece para o traballo nas aulas.

Foi unha xornada amena, participativa e inspiradora, na que puidemos descubrir como esta ferramenta pode converterse nun recurso clave para favorecer a lectura, a escritura, o pensamento matemático, o acceso á información e moitos outros ámbitos recollidos no currículo escolar, sempre desde unha perspectiva innovadora, inclusiva e adaptada ao noso alumnado.

No CRA de Oroso cremos nun profesorado con inquietude, valentía e ganas de seguir aprendendo, porque formarse é avanzar e avanzar é ofrecer ao noso alumnado máis e mellores oportunidades para desenvolver todo o seu potencial.

Seguimos camiñando xuntas e xuntos, apostando por unha educación creativa, actual e aberta ao futuro.
Porque cando o profesorado medra, o alumnado brilla. 





luns, 9 de febreiro de 2026

domingo, 8 de febreiro de 2026

O meco 2026.

 No CRA de Oroso… manda o Meco!

O Meco xa falou… e aquí ninguén se libra dos seus mandados!
No CRA de Oroso, os nenos e nenas puxéronse mans á obra para vestir a Lolo, o esqueleto máis moderno e festeiro do cole, traendo pezas de roupa, complementos e moita imaxinación. 

Cada día, un novo mandado do Meco e un complemento máis que se vai sumando…
risas, ilusión e moitas ganas de Entroido ata chegar ao día máis esperado:
o festival do CRA de Oroso

Este ano a temática é pura maxia:
magos, trasnos, adiviñas das estrelas e penómenos máxicos nados na natureza encherán o festival de cor, soños e fantasía.

Acompañamos esta publicación cun vídeo en IA do Meco movendo os seus osos (porque no CRA de Oroso a tradición tamén se reinventa ) e con imaxes de como Lolo foi collendo estilo grazas ao noso alumnado.

Porque no CRA de Oroso aprendemos xogando, rindo e creando comunidade.
Un centro rural innovador, actual e próximo ás familias,
onde cada neno e cada nena importa.

Se buscas unha escola con corazón, ilusión e futuro… aquí agardámoste. 




sábado, 7 de febreiro de 2026

xoves, 5 de febreiro de 2026

 


No CRA de Oroso temos prazas dispoñibles en todas as nosas escolas para o curso 2026/2027.


Se queres coñecer de preto o noso centro, abrimos as portas ás familias durante a última semana de febreiro ata o 18 de marzo, en horario de mañá de 12:30 a 13:30.


O martes 3 de marzo, a visita será en horario de tarde, de 16:30 a 18:00.


Anímate a visitarnos, coñece as nosas escolas e descubre unha educación próxima, familiar e de calidade.


Só tes que chamar ao 628 071 438 e reservar a túa cita. Estaremos encantadas de recibirvos.


Lembrámosvos que poden matricularse nenos e nenas aínda que non residan no Concello de Oroso.


O prazo de reserva de praza é do 1 ao 20 de marzo.

martes, 3 de febreiro de 2026

Voar un papaventos é unha ilusión!

 Que tal amigas e amigos?

A que estibo xenial o día de poder voar un papaventos!



Aledoume moito que viñésedes a Pingüibiblio e ver o ben que o pasástedes. Como son un amimal moi amigable quero recomendarvos unha serie de libros e música para xogar co mundo dos papaventos. Estades preparados e preparadas?. 

Tamén vos deixo un episodio de Bechos, na que falan sobre os papaventos:

Clica na imaxe



luns, 2 de febreiro de 2026

“Pola Candeloria, medio inverno vai fóra…”

 “Pola Candeloria, medio inverno vai fóra…”

E no CRA de Oroso non deixamos pasar esta data tan nosa sen lle dar voz na aula.

O 2 de febreiro celebramos o Día da Candeloria, unha festa das luces que une tradición, natureza e saber popular. A través dun texto de comprensión lectora, o noso alumnado descubriu por que este día marca o paso do inverno, que significan as candeas e como o saber das xeracións pasadas segue iluminando o presente.

 Aprendemos:

  • A interpretar refráns como fonte de coñecemento
  • A valorar a cultura galega como parte da nosa identidade
  • A aprender desde a inclusión, adaptando textos, ritmos e actividades
  • A innovar, conectando tradición oral con metodoloxías activas e participativas

Porque innovar tamén é mirar ao pasado con ollos de futuro, facendo da escola un espazo onde todas e todos teñen cabida.

Que chore ou que ría a Candeloria… na escola seguimos aprendendo xuntos/as.



domingo, 1 de febreiro de 2026

Día de voar un papaventos.

 Ola pingüicolegas!

Este martes 3 de febreiro imos a conmemorar o día de voar un papaventos.

Sabedes o que é un papaventos? https://gl.wikipedia.org/wiki/Papaventos 

Podedes clicar no enlace para introducirvos na historia dos papaventos. Na pingüibiblio ides a conversar sobre eles e ademais teredes posibilidade de construir o voso propio papaventos. Que emoción!!! 

Cada papaventos do mundo ten a súa historia e grazas a eles persoas como por exemplo Benjamin Franklin puido comprobar que os raios tiñan electricidade ou por exemplo os  irmáns Wright lograron desenvolver o aeroplano grazas a observación deste obxecto. 


E agora imos a gozar con unha canción xenial. Preparades? listes? XAAAA!!!






DOCTOR, DOCTOR… WHAT A SHOW!

 This week, English, laughter and emotions travelled through all the schools of the CRA de Oroso thanks to Chameleon Theatre and their wonderful show “Doctor, Doctor”.

Our pupils met Doctor Silly, the most confused doctor in the world, who asked for help to care for some very special patients: animals with emotional problems.

A sad elephant who, through martial arts and physical exercise, managed to regain confidence and happiness.
A sad dog who, thanks to team dance and cooperation, discovered joy again.

With the help of all the children from the CRA de Oroso, Doctor Silly learned that movement, teamwork, emotions and care for one another are powerful tools for well-being. All this in a fun, interactive experience completely in English.

The show visited Deixebre, Senra, Trasmonte and Vilacide and took place on January 30th. It was absolutely wonderful!
Our pupils loved it and are already asking to repeat… and yes, next year we’ll be delighted to welcome Chameleon Theatre again!

At the CRA de Oroso, we believe that learning languages means living them:
through theatre
through movement
through shared emotional experiences

Families… and future families…
This is what learning looks like at our school.