Ola pingüicolegas!
Este martes 3 de febreiro imos a conmemorar o día de voar un papaventos.
Sabedes o que é un papaventos? https://gl.wikipedia.org/wiki/Papaventos
Podedes clicar no enlace para introducirvos na historia dos papaventos. Na pingüibiblio ides a conversar sobre eles e ademais teredes posibilidade de construir o voso propio papaventos. Que emoción!!!
Cada papaventos do mundo ten a súa historia e grazas a eles persoas como por exemplo Benjamin Franklin puido comprobar que os raios tiñan electricidade ou por exemplo os irmáns Wright lograron desenvolver o aeroplano grazas a observación deste obxecto.
E agora imos a gozar con unha canción xenial. Preparades? listes? XAAAA!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario