Xa remata este primeiro trimestre e temos que facelo cunha gran festa na biblioteca.
O conto que vai aparecer é totalmente navideño e ademais un clásico que algunha e algún lle soará. Pero sempre está ben recordar vellos tempos, non?
Espero que sexades moi boas e moi bos, porque pronto chegarán polas portas persoas que traen agasallos. Xa sabedes que o que non faga as cousas o xeito queda sen nada ou con unha chea de carbón para facer churrasco.
Deixo na página do CRAas recomendacións para ler nestas datas, pedide algún conto, cd de música, dvd de películas, tarxeta de descarga musical, bibliográfica ou audiovisual... que non todo vai ser morriñada.
Para ir abrindo boca vou poñer un pequeno video dun ser típico de Galicia, que agasalla a quen ten chea a barriga. Sabades quen é: O APALPADOR!!!
Como ben sabedes o martes fumos a biblio darlle duro a lectura.
Para máis sorpresa, houbo dous contos diferentes.
O primeiro deles chegou as miñas mans por casualidade. O orixe é unha biblioteca pública que se atopa en Santiago de Compostela e chámase Anxel Casal. Tedes que visitala é enorme e ten cousas maravillosas. Pero se é moi lonxe, no propio Concello temos unha fabulosa. A Biblioteca Municipal, que está ubicada xusto no Centro Cultural Fernando Casas de Novoa. (clicade nos nomes e veredes).
Como ía dicindo, este libro tan espacial chámase: Pepper e Poe. Está escrito e ilustrado por Frann Preston - Gannon. Aquí queda unha pequena curta:
Despois seguimos co conto: O cazo de Lourenzo. Onde vimos que a vida non é fácil para todo o mundo, pero si podemos dar unha man a quen o precisa facilitarémoslla un pouco. Este libro foi escrito por Isabelle Carrier. Rememoramos o día adicado as persoas con discapacidade.
O final da sesión, decidimos adicar o Nadal un tempo e participamos no baile. Para chegar as paxoliñas fixémolo mediante os códigos QR do noso cancioneiro. Moi ben o pasamos. Podes descargar dito material na páginaweb da escola. (Na sección de biblioteca ide a recomendacións).
Estou desexando que veñades este martes a biblioteca. Teño un novo amigo, a que non adiviñades o seu nome?...
PISTA!!! Comeza por L e acaba por O...
Difícil? REPISTA... É o nome co que chamamos o Sol cando sae. AAA!!!
REQUETEPISTA!!! Manuel María, o gran escritor, escribeu ese nome. Agora podedes buscado por internet e averígualo. Que chinch@n son!!!
Pois este novo amigo é moi espacial. O seu conto está adicado o que sucedeu o 3 de decembro. Foi o día internacional das persoas con discapacidade.
Deixovos unha canción para bailar e desfrutar, que todas e todos celebremos este maravilloso día:
" Eliminemos as barreiras físicas e culturais, construamos sociedades resilientes e procuremos oportunidades que verdadeiramente non deixen a ninguén atrás" Antonio Guterres, Secretario Xeral da ONU.
O outro día xa vos avisei da excursión que tiñades a Santiago e según un paxariño amigo meu seica vístedes cousas moi interesantes.
Contoume que o primeiro sitio que visitarades foi o Conservatorio Histórico de Santiago e que alí desfrutástedes dun concerto titulado "Mais que notiñas". Seica había intsrumentos como o piano, a batería, o violonchelo...
Ata bailástedes un montón. Canto me aledo.
Despois segundo teño entendido, chegástedes ata a Catedral, que envexa!
Máis tarde, acudístides a ver unha gran exposición sobre Millares, Chillida... Que obras más fabulosas e interesantes. Tedes que convencer as mamás, papás, avoas, avos... a volver a ir a vela. Así tamén lle ides poder explicar todo o que aprendístedes.
Recordade!! Se querelles ver as fotos da excursión so tedes que clicar no menú onde pon as nosas fotos.
Ola churras!!! O martes na biblioteca despois de vir da excursión, vimos un conto moi particular. Era dunha galiña que cometeu un erro moi grave e para librarse, coa axuda dun amiguete, decidiu disfrazarse de mil e unha cousas. Admiramos moito as ilustración, gustaron!. O conto chamábase "A gallina churra". Foi escrito e ilustrado por Xan López Rodríguez. Un gran escritor galego amante da banda deseñada, é recoñecido en toda España e tamén no extranxeiro.
Xa vedes o ben que o pasamos e que gallinas tan especiais decoramos:
Entereime que de todas as persoas que alí foron partiron a cacha coa risa. Coma esta amiga miña:
Pero recordades quen escribeu o libro?...
Pois foi Rafael Ordóñez un madrileño de adopción, xa que chegou sendo un bebé de 6 meses dende Valladolid. Viveu nun barrio chamado Carabanchel e alí xogaba e disfrutaba dos seus amigues.
Cando se fixo maior estudiou para mestre e despois adicouse a aprender a contar contos no grupo "CHáCHARA cuentacuentos".
Siii! Paula Carballeira, unha estupenda artistaza galega experta en contar maravillosas historias.
Queredes ver un?
A ilustradora do conto é Sonja Danowki a cal traballa en Alemaña tanto ilustrando contos, como revistas ou caixas promocionais. Gañadora de varios premios internacionais.
Tamén vin que fixéstedes un estupendo xoguete, espero que desfrutarades moito con el.
Este ano xa me enterei que estades convidad@s a unha sesión de contacontos en Sigüeiro, grazas as persoas que traballan no concello. Cando rematedes seguro que ledes o manifesto conmemorativo desta data tan especial.
Para axudar un pouquiño vou mostrarvos unha guía de lectura sobre contos que tratan deste tema.
Xa chega outro martes de diversión e ledicia lectora.
Seguro que as vosas mestras, que son moi previsoras, informaron na escola de que o 20 de novembro é o día universal das nenas e nenos de todo o mundo. Nesta data recordamos os vosos deberes e dereitos, pero tamén reflexionamos sobre que na Terra hai cativ@s que teñen que renunciar a eles.
Por que?...
Pois por moitas causas: non hai persoas que lles axuden nen coiden, non posuen xoguetes nen sequera a veces comida e auga, non poden ir a escola xa que non existen ou están en malas condicións, pode haber guerras...
Na biblioteca imos falar sobre esta temática tan importante estades convidadas e convidados.
Aquí queda un pequeno vídeo para ir abrindo boca:
Moitos bikazos de Pingüi. Antes de que se me olvide... Unha pista axexador@s!. Tamén faredes un xoguete moi chulo. Que será, será?
Pois foiOrellas de bolboreta. Creo que gustou e alguén murmurou que quería compralo para telo na sua casiña. I, I, I!!! Que oído tan fino teño.
Este libro foi escrito por Luisa Aguilar unha escritora asturiana que comezón facendo teatro e gaño premios coa sea actuación e texto da obra: ¡Que viene el lobo!.
A ilustración é de André Neves artistas brasileiro que sempre se vinculou o mundo d@s nen@s o fomento da lectura.
Imos tratar un tema moi importante. É como se deben tratar as/os nosas/os compañeiros/as.
Moitas veces hai persoas que nos chaman cousas que non gustan. Pensade, seguro que recordades. A min por exemplo, sempre me apodaban pingüi - mangall@n e as veces pingüi - xigant@n, porque era máis grande que @s demais, e aínda que ría, non fondo non me facía ningunha graza.
Cando é moita xente a que se ri de ti e te trata mal, chámaselle acoso e iso non está ben.
O conto que imos a ter, fala dunha nena que ten este problema, pero é tan lista que atopa unha solución. Sabedes cal era a súa burla?
Que tiña orellas grandes!!! Como senón houbera animais na natureza con orellas así...
O final do vídeo, non sei se abrístedes ben os ollos, pero hai unha pista sobre o conto... Atent@s detectives!
Para rematar, e bailar un pouco, queda un vídeo que fala sobre o tema que imos tratar. Desfrutade a miña saúde, moitos pingüibikos!
Encantounos e aprendimos que hai que coidar os libros, porque este caera nas mans dunha persoa bastante descoidada e escribira con rotulador vermello dentro del. Que peniña!.
Este relato foi escrito por Eulália Canal, unha autora catalana que ademais de libros tamén escribe cancións. Aquí tedes un anaquiño de El joc de la vergonya publicado no libro-cd: Emocions i sentiments.
A ilustradora é Rocio Bonilla, unha barcelonesa que axudou a crear moitos libros que de seguro coñecedes:
Pero tamén fixemos unhas buxainas moi especiais, mirade que maravilla!
Xa pescudei que este venres pasado fixéstedes o Magosto. Que lambóns chourizo, castañas e pan, non?
LARPEIRAAASSSS E LARPEIROOOOOSSSS!!!
Espero que non empacharades e poidades vir a biblioteca.
Según me contaron. Ides ver unha historia moi intrigante. Por que no título pon unha cousa e por dentro fala de outra totalmente diferente. Interesante non?
Aquí vos deixo a portada, premede sobre ela se queredes ver algo do conto:
Na segunda ronda lemos: Tío Lobo unha adaptación de Xosé Balleretos (sabedes que é un conto popular moi coñecido en Italia e Francia?) e ilustrado por Roger Olmos.
Que tal estades?. Supoño que xa sabedes que está chegando o tempo dos defuntos.
O momento do medo...
E como non, na nosa biblioteca ímolo festexar. Lendo contos de terror e falando destas datas tan especiais.
En Galicia celebramos o Samaín pero noutros lugares do mundo fan o Halloween, o día dos mortos... Toda esta festa segundo din, ven para conmemorar o remate da recollida das colleitas (castañas, uvas, noces, cabazas...) e dar comezo a época na que as noites son máis longas e temos menos horas de luz.
Na nosa terra nestas datas a xente visita cemiterios e pon flores, candeas... os defuntos que queren recordar. Ademáis de tallar cabazas e poñelas nos camiños para asustar.
(pica en Pingüi xa verás onde te leva...)
O dito, coleguillas espérovos o martes pola tarde na biblioteca. Vinde preparad@s!!!
Unha cousa máis, se tedes oportunidade e ides o cine aquí tedes unha película que fala sobre o día de defuntos, pero en Mexico, creo que vos pode gustar... Non olvidedes mirar a data de estreo.
Eu superfeliz!!! Chegou o día das bibliotecas que se celebra o 24 de outubro.
Comezouse no ano 1997, xa vedes fai 20 anos. A Asociación Española de Amigos e Amigas do Libro Infantil e Xuvenil xunto co Ministerio de Educación, Cultura e Deporte suxeriron esta data.
Todo parteu por un incendio na Biblioteca de Saraxevono ano 1992 por culpad un conflicto. Nese momento decatáronse do importantes que son, como axudan as persoas a aprender e a ser todo o mundo igual.
Cada ano unha/un escritora/or ou ilustradora/or fai un pregón e diseña un cartel para coñecer nas Bibliotecas.
Este ano o cartel foi feito porManuel Marsol e o pregón por Alejandro Palomas.(Premede sobre o cartel para ver o pregón, tamén poderes consultar datos sobre o ilustrador e o escritor nos seus nomes).
Sinto informarmos que esta tarde de martes non imos ter a sesión de animación a lectura. Pero non vos preocupes!!! que as mestras e mestres seguro que vos asesoran nas escola de que libros, revistas... Son interesantes e que podedes levar en prestamo.
Para que me recordedes aquí queda un conto que podedes na escola e na casa. Espero que o desfrutedes.
Este conto é :
Foi escrito e ilustrado por: Édouard Manceau. Este autor francés ademais de publicar libros para nenas e nenos tamén crea xogos. Premede sobre a portada ou o nome do autor para ter máis información.
Polo meu ollo máxico, xa vin que cada día somos máis na biblioteca. Este martes como ven vístedes atopamos a ladroa.
Chamábase Lili e encantáballe a literatura, como a nós.
O conto do que desfrutamos foi:
Foi escrito e ilustrado por Emily - MacKenzie. Esta escritora inglesa dende nena medrou preto da natureza e nela deixaba voar a sua imaxinación. (premede sobre a portada e o nome da escritora para ter máis información).
O rematar a lectura desfrutamos conversando sobre o acontecido e fixemos o noso propio títere, para recrear o conto na casa.