mércores, 19 de febreiro de 2025

Rosalía do noso corazón

 Que boa tarde e que preciosidade de cancións!!!

Rosalía tamén canta!

Agora xa sabes que os versos de Rosalía poden soar como unha melodia máxima. As súas palabras checas de sentimento e ritmo inspiran cancións que fan voar a imaxinación.

Poesía e música danse a man para contar historias, pintar paisaxes e espertar emocións. A maxia de Rosalía segue viva en cada nota!




recorda e vive de CRA de Oroso Oroso



luns, 17 de febreiro de 2025

Rosa, rosa, Rosalia

 Ola pingüilectores e pingüilectoras!

Recordades a nosa visita a casa de Rosalía?. Abride os ollos...




Este martes imos continuar coñecendo non so a súa vida senón as obras que creou para o mundo. Non perdades este martes a nosa visita a pingüibiblio!


xoves, 13 de febreiro de 2025

Grazas

 


Tarde de coñecemento e exploración sobre o valor das mulleres na ciencia.

Non o credes pero pásamelo xenial!

Coñecer a Ella Al-Shamahi foi fantástico. Vimos que as mulleres son capaces de avanzar no campo científico e como a súa labor nos axuda a prosperar.

Tamén elaboramos experiencias divertidas para a ver como as nenas e nenos podemos facer ciencia con cousas cotiás e que o resultado que optemos pode ser impresionante.

Queredes ver un pouquiño da nosa labor?



domingo, 9 de febreiro de 2025

Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia.

 Ola pingüinventor@s!

O día 11 de febreiro conmemoramos o papel clave que desenvolven as mulleres na comunidade científica e na tecnoloxía.

Moitas veces o papel feito polas mulleres é esquecido ou atribuido a outras persoas habitualmente de xénero masculino. E para resaltar a importancia de ser unha sociedade inclusiva imos a ver varias persoas importantes neste campo. 

Unha delas é paleontóloga e chámase: Ella Al-Shamahi. Queredes saber máis sobre ela? So tedes que acudir a biblioteca. Ides descubrir moitas sorpresas e faremos algunha experiencia interesante.




Convídovos a visitar a canle de Carmen: https://www.youtube.com/@cienciaconcarmen2825/videos














mércores, 5 de febreiro de 2025

Pizza para todas e todos!

O día mundial da pizza é o 9 de febreiro e como non no CRA de Oroso festexamos esta celebración tan saborosa.

A pizza é un alimento que pode ser sanísimo e delicioso para todo o mundo. Xa se me fai o pico auga pensando en todos os ingredientes que lle podo poñer: atún, salmón, tomate, queixo, grelos, repollo, cenoira, bacalao... Que rica!!!


Pero non so imos encher o papo, senón que tamén podemos encher os miolos con unha serie de libros moi suculentos. Atención, atención!!!

ALGO PARA TOMAR de CRA de Oroso 



domingo, 2 de febreiro de 2025

Martes de papeo

 Ola pingüisocias e pingüisocios:

Sabedes que día é o martes? Seguro que non!!! Eu son un animal superliste e como non xa sei que festa temos.

Pista... escoitade a canción...


Esta melodia está representada por Luciano Pavarotti, un cantante de ópera nado en Italia. Deste lugar ven a nosa papatoria. 

Pista dúas... Leva moitos ingredientes.


Pista tres e última. O tomate e o queixo son os seus mellores aliados. As veces a cebola e a piña teñen celos deles, porque non as diexan estrar na mesa.


Clica na imaxe para ver a solución.